23 de Febreiro: Día de Rosalía

Rosalía de Castro é considerada unha figura fundamental da literatura do século XIX que desenvolveu ao galego o seu carácer de lingua culta. Xunto a Bequer foi precursora da poesía moderna e a súa influencia extendeuse á xeración do 27. Tamén cabe dicir que foi una pioneira no pensamento feminista.

Ilustración de Arte Miúda


A súa preocupación pola defensa das mulleres se amosa na súa obra “Follas novas” de 1880, en cuxo prólogo escribiu “ lo que siempre me conmovió fue las innumerables cuitas de nuetras mujeres, amorosas criaturas con propios y extraños, llenas de sentimiento, tan esforzadas de cuerpo como de alma.”
Loitou polo dereito da muller a poder expresar libremente seus pensamentos, nunha época donde iso era realmente complicado de asumir socialmente.

Pola súa condición de muller non foi recoñecida na súa época, e se lle engadimos o feito de escribir en galego, fixo que non fose recoñecida ata moito despois da súa norte como una das melloras poetisas españolas.

Pero, sobre todo, destaca o seu alto contido social nas súas obras e a reivindicación da cultura e linguas galegas. A súa obra expresa a súa preocupación de tipo social polas duras condicións dos pescadores e campesiños e as inquedanzas de carcter metafísico que a enmarcan dentro da literatura máis existencial. A natureza, os animais cercanos ás vivendas, serve a Rosalía para reflexar seus estados de ánimo. Convírtese en pantalla donde se proxectan os sentimentos e emocións que experimenta a autora.


Rosalía, sobre todo en Follas Novas, mencionou varios elementos da natureza galega, tales como a chuvia, a néboa, fontes, regatos… e moitos animais, como xilgaros, gorrións, grilos, lobos, golpes, ovellas, cans e gatos.

Rosalía Pequeniña. Ilustración Marina Seoane


Por tal motivo no colexio tivemos en conta esta faceta para amosas este elemento da súa obra e así incluilo no PDI que estamos a desenvolver en torno aos animais da nosa contorna.

Para pechar a xornada, despois do recreo, os rapaces e rapazas do centro recitaron unha pequena ecolma de poemas representativos de Rosalía nos que aparecen reflexada esa natureza que tanto quería e añoraba a autora: “ Eu ben vir estar o moucho” ,“Grilos e ralos….”, “ Xan vai coller leña ao monte..”, “ Por montes e campías…”, “ Una luciérnaga entre el musgo brilla….”, “Alborada” e “ Albariñas uvas”

Asemade, para a súa conmemoración quixemos aproveitar a iniciativa promovida pola AELG (Asociación de escritoras e escritores en lingua galega) que nos invita agasallar unha flor/planta e unha obra literaria en galego.

Para iso, agasallamos as familias cuns paquetes que libremente recolleron á entrada e saída do centro cunha obra en galego ( A Gaita Gallega de Juan Manuel Pintos) e un marcapáxinas.

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑