Guías de lectura Nadal 2014
Chegado o Nadal, as bibliotecas escolares dos centros educativos da comarca de Terra de Montes, unímonos para elaborar estas guías de recomendacións lectoras. Con elas pretendemos que este período vacacional a lectura forme parte do tempo libre converténdose nun hábito máis de ocio.Agardamos que as nosas recomendacións sexan do agrado dos cativos. Clicade na imaxe... Seguir lendo →
HUGO RECOMENDA…
Hugo, da aula de 2º de Educación Primaria, recoméndanos un libro de Xelís de Toro, titulado "O robot que toleu", ilustrado por Andrés Meixide. Os protagonistas son Pacopeco Pequeneiro e o seu robot... unha historia divertida con moita rima!
Paula recomenda
Nesta ocasión, Paula de 4º, recomendounos o libro de titulado Antonio García Teijeiro "Un rato díxolle a lúa" onde poderedes atopar «simpáticos, fermosos, divertidos, sensibles, punzantes, libres, salgados, máxicos, outonizos, perennes» poemas que transmiten emoción, beleza e solidariedade. Ilustrada por Xosé Cobas e musicada por Paco Ibáñez (nun CD que se acompaña), este libro recolle a... Seguir lendo →
Ana recomenda…
Ana, de 3º, presentounos esta semana a adaptación que realizou Iratxe López de Munáin para a Editotial OQO do conto dos irmáns Grimm "Rapuncel". Dende 1812 a historia non variou: Con enorme pena, os pais tiveron que entregar a meniña, á que chamaron Rapuncel. Cando cumpriu doce anos, a meiga pechouna nunha torre, por medo a... Seguir lendo →
Guía de lecturas para o Nadal
Se aínda non rematáchedes a carta para os Reis ou Papa Noel, non esquezades incluir un libro. Aquí vos deixamos esta escolma de lecturas que seleccionaron os mestres do cole pensando nos rapaces dos seus cursos. Esperamos que vos gusten. Xa nos contaredes! Clicade na imaxe.
Recomendacións lectoras para o Samaín
Por se aínda non tendes un libro escollido para ler na noite do Samaín aquí vos deixamos esta guía de lectura. Esperamos acertar!
Ana recomenda
A nosa compañeira Ana da clase de 4º trouxo xa vai varios días un libro para recomendar titulado "Noite de Reis en Kalpankalá" de Xosé A. Perozo. Neste Papá Noel e os Reis Magos son víctimas dun estraño roubo.... pero se queredes saber que é o que pasa non esperedes ao próximo Nadal para descubrilo.... Seguir lendo →
Lecturas para San Valentín
Precioso e tenro libro publicado por Kókinos en galego, Adiviña canto te quero está escrito por Sam McBratney e ilustrado por Anita Jeram.Nel, dúas lebres intentan medir o seu amor pero acabarán descubrindo que é algo imposible de cuantificar. Imprescindible para lerllo aos máis pequenos antes de ir durmir a través do cal comprenderán... Seguir lendo →
Contos do camiño I
Todos coñecedes A bruxa regañadentes ou Corre, corre Cabaciña. Pero que vos parece poder ver estes contos nun filme? A que sería divertido? Pois a editorial OQO, atendendo as inquedanzas de pais e mestres para que novos materiais se incorporen a cultura audiovisual de calidade, e en galego, ás aulas, acaba de editar nove dos... Seguir lendo →