FORCAREI COAS LETRAS 2023

Caricatura realizada por David González Gándara Onte celebramos o acto de conmemoración das Letras Galegas. Como xa fixemos o ano pasado, non quixemos festexar esta data cun acto de "portas adentro" polo que, todo o cole subimos andando ata a praza do concello de Forcarei para compartir coas familias e veciñanza a nosa pequena homenaxe... Seguir lendo →

Diccionario Galego de Peixes e Mariscos

Estas Letras Galegas viñeros cargadiñas dunha morea de interesantes recursos realizados polos mestres e o alumnado do centro. Nesta ocasión queremos compartir un recurso moi interesante. Estudando a figura de Francisco Fernández del Riego descubriron que, entre outros traballos, foi o autor do “Diccionario Galego Castelá”. Así que, os alumnos e alumnas de 3º de Primaria,... Seguir lendo →

O bosque animado

O bosque animado é o gran libro da Fraga de Cecebre, situada no concello de Cambre, preto da Coruña. Nestas páxinas vibrantes, Fernández Flórez narra as historias pequenas dos habitantes da fraga: Fendetestas, Xeraldo, Hermelinda, Pilara, Marica etc. Mais tamén dos aparecidos ou fantasmas que pasean polo bosque: a alma en pena de Fiz Cotobelo... Seguir lendo →

Obradoiro de instrumentos musicais galegos

O xoves , 11 de maio, visitounos, da man no noso mestre de música Toño, o artesán Pablo Seoane para falarnos de instrumentos de música tradicionais galegos.Aproveitamos para cumprir, con esta visita, varios obxectivos do noso plan de dinamización da Lingua galega como son:-Recuperar e conservar as tradicións da nosa terra  e así contribuír á... Seguir lendo →

Letras Gallufas 2023

Coincidindo co 110 anos do seu nacemento, a Rela Academia Galega (RAG) dedicará o Día das Letras Galegas a un loitador cultural incansable, continuador do legado do Grupo Nós e un dos impulsores precisamente destas Letras Galegas. Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913-Vigo, 2010) será a figura da vindeira celebración do 17 de... Seguir lendo →

RECURSOS LETRAS GALLUFAS 2023

O Día das Letras é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida. O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía... Seguir lendo →

Rosalía: a primeira feminista galega

"Jamás ha dominado en mi alma la esperanza de la gloria, ni he soñado nunca con laureles que oprimiesen mi frente. Sólo cantos de independencia y libertad han balbucido mis labios, aunque alrededor hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son... Seguir lendo →

Rosalía, poeta dos emigrantes

"Primeiro pérdense costumes, xeitos de vida do país de orixe. Pérdese a alegría. Rematando, as máis das veces, por perdelo todo. É coma cando se arrinca unha árbore e se deixa coas raiceiras encoiro, sen terra".(Memorias dun neno labrego. Xosé Neiras Vilas, 1961) A igual que Neiras Vilas, que viviu a emigración en primeira persoa,... Seguir lendo →

Musicando a Rosalía

Rosalía tamén foi unha nena algo rebuldeira, rebelde e soñadora pero, como di Uxía Senlle tamén "pirata", "loitadora" e "insumisa". Como vos imaxidades vos a Rosalía pequeniña? Grazas ao traballo de Uxía, da man do director da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes,e coa colaboración da ilustradora, Mariña Seoane; da prologuista, Begoña Caamaño; e do músico Magín... Seguir lendo →

Herbolario rosaliano

A Rosalía fascinábanlle a natureza e como reflicten estes versos, a súa obra poética está chea, particularmente, de "*floremes" e plantas.Rosas, plantas e especies comestibles, árbores, herbas do camposanto ou herbas do campo florido, flores humildes que tanto gustaban aos Románticos, enchen os versos da nosa poetisa. «Dicen que no hablan las plantas, ni las... Seguir lendo →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑