O máis xido dos arxinas

O mellor dos canteiros

Ano Internacional da Agricultura Familiar

2014-04-04_2246Co lema “Alimentar ao mundo, coidar o planeta”, a ONU adícalle este ano a agricultura familiar pois considera que os agricultores familiares  xogan un importante papel na mitigación da fame e a pobreza, a seguridade alimentaria e a nutrición,  para mellorar os medios de vida, a xestión dos recursos naturais, a protección do medio ambiente  e para lograr o desenrolo sostible, en particular en zonas rurais.

No mundo existen máis de 500 millóns de explotacións agrícolas familiares. Son actividades rurais  xestionadas e operadas por unha familia e dependen principalmente da man de obra familiar. Ademais en moitas rexiones son os principais productores dos alimentos que consumimos a diario. Por iso, a ONU considera que os governos deben comprometerse a buscar formas eficaces de axuda e apoio a agricultura familiar.

Por este motivo, o vindeiro mércores 9, teremos o gusto de disfrutar da compañía de Enrique Banet, presidente fundador da Fundación Senda Verde,  dentro do ciclo de charlas “Son d’aquí”.

Enrique Banet leva ligado ao noso concello dende que,no ano 2009,  se lle cedera á súa fundación a Escola de Leboso para a creación dun centro  que ten como obxectivo actuar como dinamizador de todas as actividades comarcais que teñan relación coa agricultura ecolóxica, a bioconstrución, a actividade forestal, as enerxías renovables, o turismo e o apoio á creación de empresas verdes.

Se queredes coñecer máis sobre esta  iniciativa e as actividades que está a desnvolver, deixámosvos o enlace á súa páxina web.

2014-04-04_2310

Advertisements
Categorías: Charlas didácticas, O máis xido dos arxinas, Son de aquí | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Xoves de Compadres 2014

O XOVES DE COMPADRES LEVANTA O PANO DO ENTROIDO 2014

pizap.com13930777098771

O Entroido, tamén chamado Antroido, Introido, Entruido, Entrudo, Entrudio, é un tempo de festas no que se lle da a volta aos papeis e valores normais mediante troulas, máscaras, sátiras… Uns días de rebeldía social. que inclúe diversas celebracións como o Xoves de Comadres e o Xoves de Compadres, que segundo o lugar, podían festexarse un antes co outro.

O fundamental é que as rapazas, o Xoves de Compadres, facían un moneco ridiculizador de palla chamado “o compadre” que colgaban e defendían dos mozos que tiñan que intentar apoderarse del para queimalo. No Xoves de Compadres,  facíase ao revés.


A pesares de ser tradional da provincia de Ourense, sobre todo en Verín, Viana do Bolo ou Monforte de Lemos, en Forcarei tamén temos o noso particular Xoves de Compadres que marca o inicio do Entroido no noso centro.


Categorías: Entroido, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Sabes navegar en Internet?

O xeito de comunicarse e de acceder a información evolucionou moitísimo estes últimos anos grazas a Internet. Pero, estamos seguros como pais e educadores de que os nosos rapaces saben navegar en Internet?

A Internet supón unha fiestra aberta a un mundo de infinitas posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén leva consigo unha chea de riscos contra os que os nenos e nenas non están preparados.O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que os escolares, naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet.

pizap.com13918943297271

pizap.com13918937763201

Para iso, o pasado xoves, Diego Cid Merino pasou unha hora no noso centro impartindo unha amena charla onde intentou mentalizarnos da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías de maneira que poidamos gozar delas dunha forma segura, tanto na casa coma na escola.

Creo que tomamos boa nota das súas recomendacións, suxestións e consellos!!!pizap.com13918940716961

Pero isto non é unha cousa que poidan facer os rapaces por eles mesmos, senón que necesitan que tanto pais como educadores saibamos orientalos.

O Plan Navega con Rumbo conta cunha serie de guías didácticas orientadas tanto a alumnos, coma a pais e educadores, ademais dunha web específica onde podemos atopar recomendacións e consellos necesarios para navegar son seguridade no ciberespacio.

Aquí vos deixamos o enlace á web do Plan Navega con Rumbo e non esquezades que…non fagades en Internet nada do que non fariades na vida real.

Pantallazo-1

Categorías: Charlas didácticas, Novas de interese | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

A árbore dos bicos

O ano pasado, na aula de PT, convertemos a nosa árbore, nunha árbore de desexos, pero este ano decidimos que fose unha árbore de bicos! Bicos para todas as persoas que este Nadal estarán lonxe de nós e que imos botar de menos…

Categorías: Nadal | Deixar un comentario

Visita sorpresa!!

Hoxe recibimos unha visita sorpresa para ledicia de todos, nenos e mestres. A pesares de que nestas datas está moi atarefado,Papa Noel compartiu un ratiño do seu preciado tempo connosco. Que emoción!!!!

Categorías: Nadal | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Guía de lecturas para o Nadal

Se aínda non rematáchedes a carta para os Reis ou Papa Noel, non esquezades incluir un libro. Aquí vos deixamos esta escolma de lecturas que seleccionaron os mestres do cole pensando nos rapaces dos seus cursos. Esperamos que vos gusten. Xa nos contaredes!

Clicade na imaxe.
2013-12-16_2208

Categorías: Nadal, Recomendacións lectoras | Etiquetas: , | Deixar un comentario

MAGOSTO 2013

O pasado venres celebramos no cole a festa por excelencia do mes de novembro: O MAGOSTO. E que ben o pasamos gracias ao profe Javi que nos preparou  castañas e ao profe Toño por organizar os xogos e animar a festa!

Antigamente o Magosto acababa con baile e xogos pero o día foi tan frío que comezamos cunhas carreiriñas para ir quentando e facendo sitio para as castañas. O que si recuperamos para o final foi o xogo tradicional de mancharnos a cara coa borralla da fogueira. Pero  mellor unhas imaxes para ilustrar estas palabras. Disfrutade!

Categorías: O Magosto | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Semana dos oficios IV

Chegou o remate final da “Semana dos Oficios”no CEIP Nosa Señora das Dores!!!!

Os alumnos de 4º e 6º de Primaria presentaron os traballos que realizaron ao longo do curso sobre os dous oficios que aparecen representados, por un lado, polo fuso e a roca, e polo outro, por trece abellas,no novo escudo de Forcarei.  Xa que ambas investigacións tiveron un punto de partida común tamén quixeron realizar a súas exposicións o mesmo día. E cantas sorpresas nos tiñan preparadas!!

OS CEREIROS NA TERRA DE MONTES

Os cereiros na Terra de Montes from María Abilleira Pomar on Vimeo.

AS FIANDEIRAS NA TERRA DE MONTES

As fiandeiras na Terra de Montes from María Abilleira Pomar on Vimeo.

O gran remate final veu da man dos rapaces de 6º que, xunto coas pandereteiras do colexio e a colaboración do profe Toño, interpretaron unhas cantigas que recolleran coa axuda de Brígida, a avoa de Seraina.

Tecedeiras_ Cantigas from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: O máis xido dos arxinas, Os oficios | Etiquetas: ,,,, | 2 Comentarios

Semana dos oficios III

Os rapaces de 5º, da man do profe Julio, centraron o seu traballo ó redor do oficio dos ferreiros desnde a cultura castrexa ata a siderurxia moderna. Aquí vos deixamos un resumo do seu traballo.


Antes, os pequechos de 5 anos amosáronnos o que aprenderan sobre o oficio dos zoqueiros cun video e unha exposición oral.Trouxéronnos cousas moi curiosas deste oficio das que hai que destacar un libro desplegable que realizaron os tías dunha das nenas onde aparecía reflexado con todo detalle o taller dun zoqueiro. Se queredes ver algo máis deste traballo, acudide ao blogue da clase de cinco anos Ospicarosdevane.I

Categorías: O máis xido dos arxinas, Os oficios | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

GLORIA FUERTES EN GALEGO

Este ano na aula de PT, está de moda a poesía… Primeiro tocoulle o turno a Rosalía de Castro, e agora a Gloria Fuertes. Aquí tedes un video que resume un pouquiño o noso traballo, que foi moito!.

Aínda que Gloria Fuertes non escribía en galego, nós fixemos unha tradución do seu poema “La pata mete la pata”, e así, poder traballar no noso idioma.

Desexamos que vos guste!

Categorías: O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.