O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.
Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.
Por outra banda, tamén celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Este foi fundado en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos educandos polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que “o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra” (Vidal, 1972).




Subido polo CEIP Isaac Peral
Lims recollidos no blogue Actividades Lim e na Biblioteca Lim.
Traballo sobre palabras relacionadas coa paz e os valores feito polo alumnado de Infantil e Primaria do CEIP Nº2 de Tui.
Abecedario da Paz feito con colaboración do Equipo da Biblioteca no C.E.E. Terra de Ferrol co motivo da celebración do Día da Paz 2013
Abecedario da Paz confeccionado polos alumnos de Educación Infantil do Ceip Nosa Señora das Dores
Papiroflexia |
![]() Imaxes para colorear
|
||
Debuxos, manualidades… |
|||
Paloma da Paz para montar |
Deixar unha resposta