Rosalía é unhas das mellores poetisas da nosa literatura, creadora de fermosos poemas como Cantarte hei, Galicia. Nesta ocasión, os nenos e nenas de 1º de primaria e infantil B quixeron contar coas familias para musicar e ilustrar este texto recollido na obra Cantares Gallegos.
24 Febreiro:Rosalía de Castro
Día de Rosalía 2020
Homenaxe a Rosalía
Este venres 28 quixemos adicar parte do noso tempo a unha das máis insignes figuras da nosa literatura, Rosalía de Castro. Nesta ocasión fixemos partícipes desta homenaxe a membros da nosa comunidade educativa, que aínda que parece que non, son parte fundamental da nosa escola.
Hoxe imos comezar dándolle as grazas a un dos nosos conductores, Alberto e a unha das coidadoras do autobús, Lola,que sen pensalo moito, accederon a axudarnos a contar a historía dunha nena que fixo rexurdir a nosa lingua e a nosa literatura coas súas verbas.
Día de Rosalía 2019
Semana intensa para recordar a figura de Rosalía de Castro cunha serie de actividades propostas dende a biblioteca do centro.
Empezamos coas propostas realizadas para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro o 24 de febreiro do ano 1837.
Este luns, Uxía, Diego, Rocío, Felipe, María e Sarai deleitáronnos coa lectura dun dos poemas máis coñecidos , ” Adiós ríos, adiós fontes”, pertencentes a obra de “Cantares Galegos”.
Seguimos con Rosalía. Ao longo da semana, empregando unha técnica pop art decoramos o retrato de Rosalía. Con todos eles crearemos o noso collaxe ao estilo mencionado.
Os festexos de Rosalía aínda non remataron! Durante esta semana a súa figura estivo presente na biblioteca, no timbre con interpretacións variadas dos seus poemas máis coñecidos e, como non, nas nosas aulas.
Rematamos co video realizado polos alumnos de 2º de EP e 5 anos de Educación Infantil sobre o poema de Rosalía de Castro pertencente a obra “En las orillas del Sar” publicada no 1884.
Rosalía Pequeniña
Rosalía de Castro, a dama das Letras Galegas, a muller que falou e escribiu en galego cando a nosa lingua era considerada a lingua dos “pobres e iñorantes”, foi unha nena coma todos vós. Soñaba con ser pirata, fada ou india; gozaba agatuñando ás polas das figueiras; escribía versos chamando pola alborada porque tiña medo da escuridade e soñaba con cambiar o mundo e axudar á xente pobre e desfavorecida.
A través da voz de Uxía podemos coñecer a esa Rosalía Pequeniña; coñecer os seus soños, as súas esperanzas e ilusións , os seus medos e a súa maneira de enfrentarse a eles a través da palabra escrita na lingua da súa aldea, da súa xente, da súa terra.
Esperamos que vos guste tanto coma a nós.
‘Rosalía pequeniña’ é o título libro-disco de Uxía na Editorial Galaxia (colección Sonárbore, 2013), ilustrado por Marina Seoane.