Día de Rosalía 2023

O Día de Rosalía estase a convertir nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego, sendo cada vez máis celebrada nos centros educativos . Ata o de agora, dado que non se coñecía o día exacto do nacemento da poeta, víñase celebrando o 24 de febreiro, día en que a nosa Rosalía recibira o seu bautismo. Pero, trala aparición de nova documentación que desvela a data real de nacemento da autora de Follas Novas e Cantares Gallegos , esta efeméride adiantouse un día, ao 23 de febreiro. Grazas a investigadorae filóloga galega Sagrario Abelleira quen, ademais de descubrir a documentación que acredita a data real de nacemento, somos coñecedores de datos inéditos sobre a vida da nosa autora máis recoñecida e da do seu home, Manuel Murguía.

Como dato curioso comentar que dita documentación atopouse no expediente matrimonial de Rosalía de Castro e Manuel Murguía. Ambos casaron en Madrid no ano 1858 e entre os papeis desa ligazón figura unha declaración de 1843 feita pola nai de Rosalía na que indica que a autora naceu o 23 de febreiro.

Ainda que as actividades do Entroido ocuparon gran parte do noso tempo, non acapararon todo o tempo nin as nosas enerxías. Durante o mes de febreiro, cada aula escolleu e memorizou un poema de Rosalía de Castro para homenaxeala no seu día. Así que volvemos ás aulas con gañas de compartir o noso traballo.E que mellor maneira de facelo que recitando fermosos poemas de Rosalía. 

A nosa proposta non só queda no colexio senón que queremos compartila co toda a comunidade educativa. Pensando, pensando…decidimos gravar os nosos recitados e asociar cada un deles a un código QR.

Con todos eles creamos unha infografía que distribuiremos por todos os locais do Concello de Forcarei. Así, cando visitedes os establecementos poderedes consultar os poemas escollidos para este curso polo noso alumnado e gozar deles tanto coma nós.

A idea é facer visible o traballo da oralidade por parte do centro, divulgar a obra de Rosalía de Castro e contaxiar á comunidade escolar o gusto pola poesía.

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Navegación de artigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: