PDI:Mergullándonnos na biblioteca

Ao longo do curso 2018-2019 no marco do Plan de Formación do Profesorado realizamos un novo  proxecto documental integrado de xeito colaborativo entre os centros CEIP Nosa Señora das Dores e CEIP Soutelo de Montes sendo o centro de interese os mares e océanos, no que a biblioteca foi o eixe vertebrador, proporcionando ademais dos... Seguir lendo →

“MUSEO DO MAR”

Como ben sabedes, este curso mergullámonos na nosa biblioteca para navegar polos mares e océanos do mundo, pero esta vez tivemos uns compañeiros excepcionais:o alumnado e profesorado do CEIP Soutelo de Montes. O produto final do traballo conxunto dos dous centros foi unha exposición común que tivo lugar no CEIP Nosa Señora das Dores de... Seguir lendo →

Excursión ao museo do mar 2

Hoxe descubrimos os fondos submariños e viaxamos a través do tempo para coñecer como o ser humano conseguiu conquistar o medio acuático. Sorprendente a nosa capacidade para poder desenvolvernos nun medio tan diferente ao noso.

Excursión ao museo do mar 1

Como puidéstedes ver, esta mañá saímos do colexio para visitar o Museo do Mar en Vigo e coñecer un chisquiño o mundo do mar, sobre todo a utilidade dos faros no mundo marítimo. A que non sabiades que nas entradas da ría hai faros de cores?        

Todo un éxito

Hoxe gozamos dunha tarde moi especial gracias a presencia dos pais e nais que quixeron compartir conosco unha xornada de portas abertas na que puideron disfrutar dos traballos que os rapaces e rapazas do noso centro realizaron para a PDI proposta pola nosa Biblioteca. Agradecer a todos os mestres e mestras que con tanta ilusión... Seguir lendo →

Xornada de portas abertas

Como peche do Proxecto Documental Integrado sobre os oficios tradicionais proposto pola Biblioteca, mañá luns 10 de xuño, terá lugar unha xornada de portas abertas a que estades todos invitados. A cita dará comezo ás 15:30 h. no salón de actos do colexio coa proxección e exposixión dos traballos realizados polos nenos durante este curso.... Seguir lendo →

A leiteira

Quedábanos pendente este conto que os rapaces de 3 e 4 anos ilustraron e narraron para a presentación que fixeron do traballo para a PDI: Os oficios tradicionais. Xa solventados os problemas técnicos agardamos que disfrutedes tanto deste video coma nós!   A leiteira from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Semana dos oficios IV

Chegou o remate final da "Semana dos Oficios"no CEIP Nosa Señora das Dores!!!! Os alumnos de 4º e 6º de Primaria presentaron os traballos que realizaron ao longo do curso sobre os dous oficios que aparecen representados, por un lado, polo fuso e a roca, e polo outro, por trece abellas,no novo escudo de Forcarei. ... Seguir lendo →

Brígida, a nosa fiandeira

Brígida, a avoa de Seraina, foi fiandeira, e como as alumnas e os alumnos de 6º estamos a traballar este oficio tradicional, invitámola a nosa aula para que nos contara, de primeira man, un montón de cousiñas interesantes; ademáis, é unha pandereteira fantástica!   FIANDEIRA 2 from Patricia López Rodríguez on Vimeo.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑