Proxecto Documental Integrado

Semana dos oficios III

Os rapaces de 5º, da man do profe Julio, centraron o seu traballo ó redor do oficio dos ferreiros desnde a cultura castrexa ata a siderurxia moderna. Aquí vos deixamos un resumo do seu traballo.


Antes, os pequechos de 5 anos amosáronnos o que aprenderan sobre o oficio dos zoqueiros cun video e unha exposición oral.Trouxéronnos cousas moi curiosas deste oficio das que hai que destacar un libro desplegable que realizaron os tías dunha das nenas onde aparecía reflexado con todo detalle o taller dun zoqueiro. Se queredes ver algo máis deste traballo, acudide ao blogue da clase de cinco anos Ospicarosdevane.I

Categorías: O máis xido dos arxinas, Os oficios | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

SEMANA DOS OFICIOS II

Hoxe tocoulles o turno de expor o traballo aos rapaces de terceiro. Estiveron todo o curso recollendo información, refráns,.. e  inventando adiviñas sobre OS LABREGOS. Ademais ilustraron a súa exposición cunhas miniaturas de aparellos usados no noso campo nas tarefas cotiás. Bo traballo rapaces!!

pizap.com13686488706551

De seguro que no blogue da profe Anabel (O recuncho das fadas) teredes moita máis información sobre o seu traballo.

Categorías: Os oficios | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

SEMANA DOS OFICIOS

Ao longo desta semana os alumnos do centro van a expoñer os traballos que realizaron para o Proxecto Documental Integrado deste ano. Dende a Biblioteca do centro propúsose coma tema Os Oficios Tradicionais na Terra de Montes seguindo a liña comezada na PDI do curso anterior onde traballamos distintos aspectos do noso concello.

Os primeiros en presentar as súas produccións foron os cativos de 3 e 4 anos que, partindo do conto da leiteira, traballaron un oficio moi arraigado na nosa terra: AS LEITEIRAS.

PDI:As leiteiras from María Abilleira Pomar on Vimeo.

De seguido e, tomando como marco do seu traballo paraxes e monumentos da nosa terra, os rapaces de 2º convertíronse en verdadeiros expertos no oficio do cal a nosa terra pode sentirse moi orgulloso: OS CANTEIROS, ou mellor dito, OS ARXINAS.

Os canteiros en Terra de Montes from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: Os oficios | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Seguimos investigando

Lendo o artigo de La Voz sobre o escudo de Forcarei, quixemos saber que é iso de castrar colmeas. Xurdiron varias ideas e pensamos seguir investigando un pouco máis sobre este tema.

Aquí vos queda este video sobre o proceso da castración dunha colmea.

Hai varios oficios relacionados coas colmeas e os productos que se obten da castración das colmeas. Usando o Dicionario da Real Academia Galega, buscade o significado destas palabras: meleiros, cereiros e borreiros.

2013-04-10_2142

Categorías: Os oficios | Etiquetas: ,,,,,, | Deixar un comentario

Proxecto Documental Integrado: Os Oficios

O tema do Proxecto Documental Integrado coordinado polo Equipo da Biblioteca xira en torno aos oficios tradicionais galegos. Cada curso vai traballar un oficio tradicional representativo da nosa comarca: os zoqueiros, as leiteiras, os muiñeiros, os canteiros, os cereiros, as fiandeiras e os ferreiros. Os rapaces de 4º escolleron un dos dous oficios representativos do concello de Forcarei: os cereiros.

Para escomenzar o seu traballo, propoñémoslles a seguinte miniwebquest. Clicade na imaxe para aceder a ela.

apicultura 026

Categorías: Os oficios | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.