Día do Libro

Mañana, martes 23 de abril terá lugar a celebración internacional do “Día do libro”Esta celebración remóntase a principios do século XX, concretamente a 1926. A elección de considerar para esta celebraciòn o 23 de abril débese a que supostamente coincide coa mesma data na que no ano 1616 faleceran tres grandes figuras das letras universais:... Seguir lendo →

Día das Artes Galegas

Como se ven facendo dende o ano 2015, este ano tamén ten lugar a celebración do Día dasArtes Galegas, unha conmemoración instituida pola Real Academia Galega de Belas Artes. A data de celebración escollida pola institución para exaltar e promover a creación galega é o 1 de abril por ser a que figura inscrita nos... Seguir lendo →

23 de Febreiro: Día de Rosalía

Rosalía de Castro é considerada unha figura fundamental da literatura do século XIX que desenvolveu ao galego o seu carácer de lingua culta. Xunto a Bequer foi precursora da poesía moderna e a súa influencia extendeuse á xeración do 27. Tamén cabe dicir que foi una pioneira no pensamento feminista. Ilustración de Arte Miúda A... Seguir lendo →

CHEGOU O ENTROIDO

Chegou o mes de febreiro e con el o Entroido e as súas propostas: os mandatos de D. Manolo e o noso desfile polas rúas de Forcarei. Como se desenvolverán? Aquí volo explicamos. Durante o luns 5, martes 6, mércores 7 e xoves 8 seguiremos os mandatos de D. Manolo, moi caprichoso e revoltoso, que... Seguir lendo →

CICLO DE LECTURAS POLA PAZ

Con motivo da conmemoración, o vindeiro 30 de xaneiro, do Día Escolar da Paz e Non Violencia, dende o EDLG queremos compartir esta escolma de lecturas para infantil e primaria que poden axudarnos a traballar nas aulas temas como a solidaridade, a paz, a empatía, o respecto ou a resolución de conflicos.

Recursos pola Paz

Imaxe do IES San Paio (Tui-Pontevedra)  Desde 1964, o 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, coincidindo co aniversario do asasinato de Gandhi. A implantación desta data débese á iniciativa do mestre, poeta e pacifista mallorquino Llorenç Vidal. O fin desta celebración é concienciar ao alumnado da necesidade de... Seguir lendo →

Cantos para o Nadal

Selección de cancións de Nadal realizada polo EDLG do CEIP Campomaior de Ordes que pretende transmitirlles ás novas xeracións este importante legado da nosa cultura tradicional. A mostra inclúe a letra e a música (en códigos QR) de cantigas para cada unha das festividades destas datas (panxoliñas, xaneiras, aguinaldos, cantos de reis…). Imaxe do Portal... Seguir lendo →

Nadaliñas

O desexo de celebrar o Nadal en galego levou o alumnado do IES David Buján de Cambre a recoller estas nadaliñas (cancións populares de tema relixioso que se cantan polo Nadal). O traballo contén cantigas populares, poemas de Manuel María e de Sebastián Martínez-Risco especialmente axeitados para felicitarmos estas festas. Imaxe extraída do blog IES... Seguir lendo →

O meniño rei, un conto de Nadal especial

O alumnado do CPR Compañía de María de Ferrol crearon este audioconto que contén, alén dun relato orixinal sobre a historia de Nadal, códigos QR con oito panxoliñas interpretadas vocalmente polo alumnado do CPR Compañía de María de Ferrol. O traballo foi coordinado polo profesor de Música, Alberto Hermáns González (autor do texto e das... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑