Día das Artes Galegas

Como se ven facendo dende o ano 2015, este ano tamén ten lugar a celebración do Día das
Artes Galegas, unha conmemoración instituida pola Real Academia Galega de Belas Artes. A data de celebración escollida pola institución para exaltar e promover a creación galega é o 1 de abril por ser a que figura inscrita nos dinteles do Pórtico da Gloria, do mestre Mateo, como día da súa finalización en 1188.
Cada ano escóllese a un homenaxeado/a da historia da arte galega, de cuxa morte deben transcorrer polo menos dez anos.
O Mestre Mateo, polo tanto, foi a primeira persoa recoñecida nesta celebración. Tras el, o Día das Artes Galegas estivo dedicado a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Maruja Mallo, Alejandro da Sota, Luis Seoane, Domingo de Andrade, Laxeiro e Martín Códax.
Este ano dita celebración recorda ao escultor Francisco Asorey (1889-1961). Este artista traballou a pedra e a madeira nas súas esculturas, e entre as súas obras están tallas policromadas donde a protagonista é a muller galega.

Imaxe da Voz de Galicia


Na Cidade da Cultura vanse organizar varias propostas que teñen como obxectivo achegar a figura do escultor cambadés ao público adulto e infantil para reivindicar a importancia do artista na cultura galega. Os obradoiros programados serán para o sábado, día 6, para os que será preciso obter entradas en Ataquilla.com

Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑