FORCAREI COAS LETRAS 2023

Caricatura realizada por David González Gándara Onte celebramos o acto de conmemoración das Letras Galegas. Como xa fixemos o ano pasado, non quixemos festexar esta data cun acto de "portas adentro" polo que, todo o cole subimos andando ata a praza do concello de Forcarei para compartir coas familias e veciñanza a nosa pequena homenaxe... Seguir lendo →

Diccionario Galego de Peixes e Mariscos

Estas Letras Galegas viñeros cargadiñas dunha morea de interesantes recursos realizados polos mestres e o alumnado do centro. Nesta ocasión queremos compartir un recurso moi interesante. Estudando a figura de Francisco Fernández del Riego descubriron que, entre outros traballos, foi o autor do “Diccionario Galego Castelá”. Así que, os alumnos e alumnas de 3º de Primaria,... Seguir lendo →

O bosque animado

O bosque animado é o gran libro da Fraga de Cecebre, situada no concello de Cambre, preto da Coruña. Nestas páxinas vibrantes, Fernández Flórez narra as historias pequenas dos habitantes da fraga: Fendetestas, Xeraldo, Hermelinda, Pilara, Marica etc. Mais tamén dos aparecidos ou fantasmas que pasean polo bosque: a alma en pena de Fiz Cotobelo... Seguir lendo →

Obradoiro de instrumentos musicais galegos

O xoves , 11 de maio, visitounos, da man no noso mestre de música Toño, o artesán Pablo Seoane para falarnos de instrumentos de música tradicionais galegos.Aproveitamos para cumprir, con esta visita, varios obxectivos do noso plan de dinamización da Lingua galega como son:-Recuperar e conservar as tradicións da nosa terra  e así contribuír á... Seguir lendo →

APRENDEMOS XOGANDO?

Coa intención de ofrecer unha alternativa ao lecer dixital, o centro organizará o vindeiro día 13 un obradoiro práctico aberto a toda a comunidade educativa para coñecer novas formas de gozar e de aprender. Durante 2 horas nas que todos xogaremos , explicarase como extraer os potenciais de aprendizaxe dos diferentes xogos para ver todas... Seguir lendo →

BEN COCIÑADO

Cal é o vosa receita favorita? Sodes de doce ou salgado? Neste vídeo no que aprenderedes o vocabulario en galego relacionado cos alimentos realizado polo alumnado do CEIP Nosa Señora das Dores da man da nosa mestra de PT Natalia, descubriredes aos nosos Marter Chefs a través deste programa de cociña. Estará "ben cociñado"?🧑‍🍳 PREMEDE... Seguir lendo →

Letras Gallufas 2023

Coincidindo co 110 anos do seu nacemento, a Rela Academia Galega (RAG) dedicará o Día das Letras Galegas a un loitador cultural incansable, continuador do legado do Grupo Nós e un dos impulsores precisamente destas Letras Galegas. Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913-Vigo, 2010) será a figura da vindeira celebración do 17 de... Seguir lendo →

RECURSOS LETRAS GALLUFAS 2023

O Día das Letras é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida. O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía... Seguir lendo →

Un repoludo “churumbeleiro”

O gaiteiro, óleo de Luis Seoane A "*churumbela", instrumentos do pobo galego por excelencia, aparece presente nos poetas galegos dende fai 200 anos.Teñen cantando a gaita poetas como García Lorca, así como algúns dos poetas máis imprtantes de Galicia: Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro e, por suposto, Rosalía de Castro. Rosalía publicou por... Seguir lendo →

Rosalía: a primeira feminista galega

"Jamás ha dominado en mi alma la esperanza de la gloria, ni he soñado nunca con laureles que oprimiesen mi frente. Sólo cantos de independencia y libertad han balbucido mis labios, aunque alrededor hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑