Día do Libro

Mañana, martes 23 de abril terá lugar a celebración internacional do “Día do libro”
Esta celebración remóntase a principios do século XX, concretamente a 1926. A elección de considerar para esta celebraciòn o 23 de abril débese a que supostamente coincide coa mesma data na que no ano 1616 faleceran tres grandes figuras das letras universais: D. Miguel de Cervantes Saavedra, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Por tal motivo, esta data tan simbólica para as letras universais foi a escollida, trala proposta de España, pola Conferencia Xeral da UNESCO para homenaxear tanto aos libros como aos seus autores, coa finalidade de animar a introducirse de cheo no pracer da lectura. Foi un intento cultural por fomentar a lectura, pero tamén a industria editorial, e a protección da propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor.
Esta celebración non deixa de ser tamén un elemento dinamizador de actividades culturais en torno ao libro, en todo o mundo.
Curiosamente a idea orixinal deste aniversario partíu, previamente, de Cataluña, do escritor valenciano Vicente Chavel Andrés, quen a propuxo e foi aprobada por lei, en Real Decreto, polo rei Alfonso XIII no ano 1926.
Así, o día 7 de outubro dese mesmo ano foi o primeiro día do libro, e será en 1930 cando se instaura de maneira definitiva con data 23 de abril. A tradición implantou que ese día os namorados ou persoas queridas se intercambien un libro cunha rosa.
Sería 65 anos despois, en 1995, cando esta celebración se convertiría nunha festa mundial. Esta proposta foi levada adiante pola Unión Internacional de Editores e presentada polo goberno de España na UNESCO.

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑