Chegou o remate final da “Semana dos Oficios”no CEIP Nosa Señora das Dores!!!!
Os alumnos de 4º e 6º de Primaria presentaron os traballos que realizaron ao longo do curso sobre os dous oficios que aparecen representados, por un lado, polo fuso e a roca, e polo outro, por trece abellas,no novo escudo de Forcarei. Xa que ambas investigacións tiveron un punto de partida común tamén quixeron realizar a súas exposicións o mesmo día. E cantas sorpresas nos tiñan preparadas!!
OS CEREIROS NA TERRA DE MONTES
Os cereiros na Terra de Montes from María Abilleira Pomar on Vimeo.
AS FIANDEIRAS NA TERRA DE MONTES
As fiandeiras na Terra de Montes from María Abilleira Pomar on Vimeo.
O gran remate final veu da man dos rapaces de 6º que, xunto coas pandereteiras do colexio e a colaboración do profe Toño, interpretaron unhas cantigas que recolleran coa axuda de Brígida, a avoa de Seraina.
Bo día,
Escribo para felicitarvos por todos os maravillosos traballos que tedes realizado. En especial, polo meu interese persoal na materia, quería darlles os parabéns ás rapazas e os rapaces e mestras do traballo sobre o oficio dos cereiros. Bo traballo! Se me indicades un enderezo postal e unha persoa á que dirixir o envío gostaría de enviarvos un exemplar da guía sobre a ceraría tradicional reallizada pola CMVMC de Paraños (O Covelo) na que teño participado. Saúdos! Damián
Moitas gracias polas túas palabras. A verdade que foi un traballo moi satisfactorio no que aprendemos uns dos outros e no que as aportacións dos rapaces e doas súas familias foron increíbles. Por suposto que estamos encantados de recibir a guía que nos recomendas. Podes mandala á dirección do centro á atención de:
María Abilleira Pomar
Rúa As Maleitas sn Forcarei 30550
GRacias