Artigos coa etiqueta: Terra de Montes

Cantos, contos e outras músicas:Lendas de San Miguel de Presqueiras

IMG_20141102_172119A Mochila Viaxeira está de volta e con ela o noso libro viaxeiro cargadiño de lendas, contos, refráns e cantigas. Inés, de 5º de Primaria, recolleu tres lendas da parroquia da súa avoa Emilia e deixounos estes podcasts. Disfrutade deles.

IMG_20141102_181918

 

 

 

 

 

 

 

     Moitas grazas a Inés e á súa avoa.                                                                                                 Vista do monte Parada dende a capela do Castro.

A primeira lenda titúlase “Os caldeiros de borralla”

http://www.ivoox.com/os-caldeiros-borralla_md_3692337_wp_1.mp3″ Ir a descargar

 

A segunda titúlase “A galiña do Castro”

IMG_20141102_181419

Capela do Castro en Presqueiras.

http://www.ivoox.com/a-galina-do-castro_md_3692467_wp_1.mp3″ Ir a descargar

A terceira cóntanos o por que da construcción da capela do Castro, onde se atopaban a galiña e os piriños da lenda anterior.

http://www.ivoox.com/a-lenda-da-capela-do-castro_md_3692824_wp_1.mp3″ Ir a descargar

Categorías: Cantos, contos e outras músicas, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Semana dos oficios IV

Chegou o remate final da “Semana dos Oficios”no CEIP Nosa Señora das Dores!!!!

Os alumnos de 4º e 6º de Primaria presentaron os traballos que realizaron ao longo do curso sobre os dous oficios que aparecen representados, por un lado, polo fuso e a roca, e polo outro, por trece abellas,no novo escudo de Forcarei.  Xa que ambas investigacións tiveron un punto de partida común tamén quixeron realizar a súas exposicións o mesmo día. E cantas sorpresas nos tiñan preparadas!!

OS CEREIROS NA TERRA DE MONTES

Os cereiros na Terra de Montes from María Abilleira Pomar on Vimeo.

AS FIANDEIRAS NA TERRA DE MONTES

As fiandeiras na Terra de Montes from María Abilleira Pomar on Vimeo.

O gran remate final veu da man dos rapaces de 6º que, xunto coas pandereteiras do colexio e a colaboración do profe Toño, interpretaron unhas cantigas que recolleran coa axuda de Brígida, a avoa de Seraina.

Tecedeiras_ Cantigas from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: O máis xido dos arxinas, Os oficios | Etiquetas: ,,,, | 2 Comentarios

Son de aquí: Federico de la Peña

CaricaturaAínda que Federico non é nado na nosa terra o seu vencello con ela é fondo coma as raíces dun carballo. Por iso decidimos invitalo as nosas xornadas “Son de aquí” proxectando o seu documental “Amelia de  Terra de Montes” a través do cal descubrimos o seu amor pola nosa natureza.

Natural de Mondoñedo (Lugo) e residente en Pontevedra, Federico defínese como “naturista, productor e realizador audiovisual de documentais de natureza e etnográficos, educador ambiental e presentador de programas radiofónicos de temática medio ambiental” como reza na autobiografía que encabeza o seu blogue Federico de la Peña- Divulgación Audiovisual.

(Caricatura realizada por Fernando Ruibal “TTai”)

Ademais colabora nas revistas “Periplo” (INCAFO) e “Vida Silvestre” (ICONA) e foi gañador de diferentes premios como:

.Víctor López Seoane (1982)

. Ciudad de Pontevedra a los valores científicos (1983)

. Galicia de Micoloxía (1994)

. Prisma “Casa de las Ciencias” (1996)

. Ferpalia (2005)

. Prisma “Casa de las Ciencias” (2010)

Este ambicioso documental sobre a comarca de Terra de Montes permitiranos apreciar a fermosura dun lugar no que natureza e tradición permanecen inalteradas. Federico de la Peña será quen de amosarnos unha parte importante da vida animal e vexetal desta zona nun percorrido polas distintas estacións do ano, deténdose preferentemente no outono e na primavera. Neste camiño teremos a oportunidade, tamén, de ollar un tradicional aparello: o muíño, noutros tempos elemento de grande importancia económica e social.

É esta unha viaxe pola natureza de Terra de Montes da man de Amelia, unha anciá que vive soa e que serve de base para afondar nos valores paisaxísticos do lugar. Amelia achegaranos, así mesmo, vellas tradicións e lendas que aínda se manteñen vivas, contos que pasaron de xeración en xeración pero que corren o risco de se perder.

Tradición e modernidade mestúranse neste traballo: as novas xeracións, por unha banda, que foxen cara á cidade, e os vellos, pola outra, que se resisten a abandonar a súa aldea e a súa forma de vida. Amelia é, precisamente, unha desas anciás que elixiu pasar os seus últimos días soa pero na súa terra, na Terra de Montes.”

(Fuente: Deputación Pontevedra).

Contamos de novo coa presencia de Franciso Rozados “ROCHI” pois foi o asesor lingüÍstico deste proxecto. Despois de visualizar o documental veu a rolda de preguntas e, gracias as explicacións de Federico, descubrimos que tamén algúns dos animais que saían no video eran auténticos actores coma os xabarís Chelo e Carmen. Amelia é en realidade veciña dalgúns rapaces de 6º e que se convirtiu en actriz gracias ao casting de David Raposeiras,  pois o seu papel  ía ser para outra muller que falecera antes da rodaxe. Unha das tomas máis complicadas foi a das troitas que tivo a Federico cinco horas metido no río sen moverse cunhas botas dúas tallas máis pequenas. Ver a un ourizo cacho bocexando ou a unha águia cazando en paraxes tan coñecidos para todos nós fixo que o público non perdera detalle.
Aproveitamos para agradecerlles a ámbolos dous a súa desinteresada colaboración cun pequeno agasallo para que non se esqueceran de nós e arricámoslles o compromiso de vindeiras colaboracións.

pizap.com13684655382021

Categorías: Son de aquí | Etiquetas: ,,,, | 2 Comentarios

Son de aquí: Francisco Rozados “Rochi”

imagesCon Francisco Rozados “Rochi” e a revista “Metacios” o Equipo de Normalización inicia o espazo “Son de aquí”.
Rochi xa nos visitara o curso pasado para presentarnos en primicia a obra de monicreques titulada “O arxina e o felo”  e, deixounos tan bó sabor de boca ,que quixemos devolverlle o seu agasallo iniciando con el  esta serie de relatorios  para dar a coñecer aos nosos nenos o valor da nosa cultura a través de distintos persoeiros relevantes da nosa terra.

Durante unha hora Rochi comparteu connosco o coñecemento,o amor e o orgullo que sente pola terra que o veu nacer e converterse nun dous máis ferventes difusores da cultura e tradicións dos nosos antergos. Con el comprendemos que o coñecemento das nosas raíces  fainos ser quen somos e, que sen ela, perderíamos a nosa esencia e identidade.

O seu interese por manter viva a cultura do noso concello levouno a respaldar económicamente a continuación do proxecto Cotaredo, agora baixo o nome de Metacios. A revista continua coa temática da anterior publicación así coma co  respaldo dos colaboradores habituais coma Xosé Luis Barreiro , José Raposeiras e Carlos Baliñas, entre outros.

Categorías: Son de aquí | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Exposición de traballos no concello

A pesares de que xa nos despediramos  fai unhas semanas, onte voltamos a vernos na sala de xuntas do concello  por mor da exposición dos traballos realizados polos mestres e rapaces durante este curso sobre o noso concello dentro do Proxecto Documental Integrado: Onde vivimos?

Os  peques de  3 anos  presentáronnos  o  mapa de Forcarei  que  conta,para  aqueles  que  non o   saibades  con 13 parroquias.Pero isto non foi todo, xa  que os compañeiros de 5º Educación Primaria afondaron nesas parroquias e permitíronnos coñecer aspectos demográficos, xeográficos, artísticos e  históricos de cada unha  delas. Aquí tendes un resumo do seu traballo.

 

Parroquias from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Cos pícaros  de 4 anos coñecemos os pratos típicos da zona:galiña ao sal,richada,caracois….Tras a boa comida, sempre está ben un pouco de baile. Nesta ocasión os encargados de amenizar  a festa foron os alumnos de primeiro, que investigaron  sobre  un dos músicos máis ilustres da zona:  Avelino Cachafeiro, o Gaiteiro  de Soutelo.

Os máis maiores de infantil tamén estudaron, neste caso as árbores da zona  e sobre todo aquelas que rodean o noso  colexio.
As Pontes do Lérez foron  as protagonistas do estudo de campo dos 21 rapaces de 2º,os cales gozaron fotografándose   coa súa correspondente ponte.Isto non foi todo, tamén fixeron unha composición artística para ilustrar unha poesía de Xosé Otero Espasandín.

Ponte da Barreiriña from María Abilleira Pomar on Vimeo.

O 2º ciclo  de  Primaria trouxo as nosas  mentes  as festas, costumes e  tradicións dos nosos devanceiros. Foron de gran axuda os maiores máis achegados dos nosos  rapaces  que lles contaron datos curiosos sobre  as profesións  e  oficios como canteiros, borreiros, gandeiros…; tamén nos falaron das festas e feiras,mitos, lendas,cantigas… Aquí vos deixamos un resumo do seu traballo.

Tradicións,oficios e costumes dos devanceiros de Forcarei from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Para rematar tamén nos interesamos polo mundo da arte. Os meus compañeiros e máis eu puidemos descubrir e ver as obras de artistas da zona tan coñecidos como Muras, Barreiro, Luis Iglesias Diz.. entre outros.

Para aqueles que non puidéchedes asistir quedará aberta a exposición durante a vindeira semana no horario de apertura do concello.Se queredes coñecer un pouco máis o noso concello, ollade este video da TVG.

Categorías: Exposición de traballos no concello, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

FESTAS, COSTUMES E TRADICIÓNS DOS DEVANCEIROS DE FORCAREI

Os nenos e nenas do 2º ciclo traballaron a reo neste traballo. Pero non estiveron sos nesta andaina, esta vez acompañáronnos unhas persoas moi importantes para eles: os seus avós e bisavós.  Grazas a todo este esforzo coñecemos aspectos moi curiosos e interesantes sobre os nosos devanceiros.

Aí vai o resultado. Esperemos que vos guste!!!

 

 

Categorías: Festas,costunes e tradiccións dos devanceiros de Forcarei | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Estampas da memoria

O salón de actos do colexio converteuse durante unhas semanas nunha pequena galería fotográfica . Gracias á aportación de todas as familias, así como do fondo fotográfico co que conta o noso centro, montamos unha exposición que trata de recoller a vida no noso concello nos últimos 50 anos.

Categorías: Estampas da memoria, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Con Raíces en Forcarei

A profe Laura e o seu equipo de reporteiros de 6º idearon, diseñaron e montaron esta revista sobre pintores e outros artistas nados na nosa terra como parte dun proxecto  do centro. A sorpresa viría cando descubriron a cantidade de artistas, tanto coñecidos como anónimos que se esconden tras os montes da nosa comarca. Aquí tendes esta marabillosa revista.

Estupendo traballo!

Categorías: Con raíces en Forcarei | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.