Todo un éxito

Hoxe gozamos dunha tarde moi especial gracias a presencia dos pais e nais que quixeron compartir conosco unha xornada de portas abertas na que puideron disfrutar dos traballos que os rapaces e rapazas do noso centro realizaron para a PDI proposta pola nosa Biblioteca. Agradecer a todos os mestres e mestras que con tanta ilusión... Seguir lendo →

Xornada de portas abertas

Como peche do Proxecto Documental Integrado sobre os oficios tradicionais proposto pola Biblioteca, mañá luns 10 de xuño, terá lugar unha xornada de portas abertas a que estades todos invitados. A cita dará comezo ás 15:30 h. no salón de actos do colexio coa proxección e exposixión dos traballos realizados polos nenos durante este curso.... Seguir lendo →

A leiteira

Quedábanos pendente este conto que os rapaces de 3 e 4 anos ilustraron e narraron para a presentación que fixeron do traballo para a PDI: Os oficios tradicionais. Xa solventados os problemas técnicos agardamos que disfrutedes tanto deste video coma nós!   A leiteira from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Semana dos oficios IV

Chegou o remate final da "Semana dos Oficios"no CEIP Nosa Señora das Dores!!!! Os alumnos de 4º e 6º de Primaria presentaron os traballos que realizaron ao longo do curso sobre os dous oficios que aparecen representados, por un lado, polo fuso e a roca, e polo outro, por trece abellas,no novo escudo de Forcarei. ... Seguir lendo →

Brígida, a nosa fiandeira

Brígida, a avoa de Seraina, foi fiandeira, e como as alumnas e os alumnos de 6º estamos a traballar este oficio tradicional, invitámola a nosa aula para que nos contara, de primeira man, un montón de cousiñas interesantes; ademáis, é unha pandereteira fantástica!   FIANDEIRA 2 from Patricia López Rodríguez on Vimeo.

Semana dos oficios III

Os rapaces de 5º, da man do profe Julio, centraron o seu traballo ó redor do oficio dos ferreiros desnde a cultura castrexa ata a siderurxia moderna. Aquí vos deixamos un resumo do seu traballo. Antes, os pequechos de 5 anos amosáronnos o que aprenderan sobre o oficio dos zoqueiros cun video e unha exposición... Seguir lendo →

SEMANA DOS OFICIOS II

Hoxe tocoulles o turno de expor o traballo aos rapaces de terceiro. Estiveron todo o curso recollendo información, refráns,.. e  inventando adiviñas sobre OS LABREGOS. Ademais ilustraron a súa exposición cunhas miniaturas de aparellos usados no noso campo nas tarefas cotiás. Bo traballo rapaces!! De seguro que no blogue da profe Anabel (O recuncho das... Seguir lendo →

SEMANA DOS OFICIOS

Ao longo desta semana os alumnos do centro van a expoñer os traballos que realizaron para o Proxecto Documental Integrado deste ano. Dende a Biblioteca do centro propúsose coma tema Os Oficios Tradicionais na Terra de Montes seguindo a liña comezada na PDI do curso anterior onde traballamos distintos aspectos do noso concello. Os primeiros... Seguir lendo →

Seguimos investigando

Lendo o artigo de La Voz sobre o escudo de Forcarei, quixemos saber que é iso de castrar colmeas. Xurdiron varias ideas e pensamos seguir investigando un pouco máis sobre este tema. Aquí vos queda este video sobre o proceso da castración dunha colmea.   Hai varios oficios relacionados coas colmeas e os productos que... Seguir lendo →

Proxecto Documental Integrado: Os Oficios

O tema do Proxecto Documental Integrado coordinado polo Equipo da Biblioteca xira en torno aos oficios tradicionais galegos. Cada curso vai traballar un oficio tradicional representativo da nosa comarca: os zoqueiros, as leiteiras, os muiñeiros, os canteiros, os cereiros, as fiandeiras e os ferreiros. Os rapaces de 4º escolleron un dos dous oficios representativos do... Seguir lendo →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑