Levábamos xa uns anos dándolle voltas a idea de facer unha recopilación de contos, cantigas refráns e lendas da nosa bisbarra pero nunca atopábamos o momento. Despois do éxito do libro viaxeiro de Gloria Fuertes, decidimos que este era o momento.
O Equipo de Normalización é consciente de que a tradición oral da nosa terra estase a perder e con ela, parte importante da nosa identidade. Para que isto non siga así, propoxémoslles as familias un novo libro colaborativo no que, coa a súa axuda, os rapaces puideran recopilar o máximo de pezas posibles da nosa tradición para que no futuro os nosos cativos poidan ter acceso a todas estas manifestacións culturais que retratan dun xeito magnífico a nosa terra e a súa riqueza cultural.Asemade, pedímoslle a colaboración do Equipo de Biblioteca para que incluira nas Mochilas Viaxeiras a nosa proposta.
As mochilas partiron xa fai 15 días e xa temos algún traballo realizado como o de Inés e Candela de 5º de Primaria que entrevistaron a Eladina Castro Martínez, unha muller de Guisande (San Miguel de Presqueiras) que, con 96 anos ,ten unha memoria prodixiosa. Darlle as gracias dende aquí a ela e a súa familia pola súa colaboración.