Artigos coa etiqueta: conmemoracións

25 N : Moito que cambiar, moito que aprender

Desexaríamos que o 25 de novembro fora recordado por algo que nos fixera sentir orgullos@s de nós como seres humanos, como seres racionais que valoran aos demáis polo que son, polas súas cualidades, polo seu potencial, polo que fai que cada un de nós sexamos únicos e especiais; polo que nos dignifica; polo que sabemos apreciar dos demáis sen importarnos o seu xénero, raza ou condición. Por desgracia non é así.
Desexaríamos non ter que derramar máis bágoas polas que non están, pol@s que sofren en silencio posto que esta lacra non afecta soamente ás mulleres e as nenas senón ás familias e á sociedade en xeral. Pero por desgracia é así.
Onte escoitaba que se algo é xeral e non anecdótico é que é un síntoma de que algo vai mal.E algo vai mal neste mundo se seguimos a conmemorar todos os anos esta data.
A solución non é doada pero se algo temos claro é que ten que estar sustentada nunha base firme e sólida: A EDUCACIÓN.
Tratar estes temas nos centros educativos, sobre todo e Primaria e Infantil, non é sinxelo posto que os conceptos e a terminoloxía, os datos e as consecuencias destas actitudes non é algo para o que os nenos e nenas estén preparados.Pero traballar a empatía; ser quen de poñernos nos zapatos dos demais; aprender a resolver conflitos; a coñecer as súas emocións e como expresalas; aprender que se queremos que nos respecten temos que respectar; que non hai ninguén mellor ou peor que outro se non que cada un ten as súas cualidades e potencialidades; eso si que é fundamental posto que esa é a base sólida onde debe asentarse unha sociedade como tal.
Os nenos e nenas nos seus primeiros anos nos fan diferencia entre sexos nos seus xogos ou nas súas amizades; nos teñen conflictos cos seus compañeiros por ser nenos ou nenas se non porque aínda non contan cos mecanismos necesarios para xestionar as súas emocións ou para resover situacións que non son capaces de solucionar. Por iso traballar a educación emocional nas escolas é fundamental.
Este ano, dende o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización queremos seguir afondando neste traballo, non porque haxa que conmemorar mañá o Día contra a Violencia de Xénero senón porque queremos que forme parte do noso traballo diario. Non imos tratar o tema da Violencia de Xénero en sí xa que o que pretendemos é que os nos@s nen@s aprendan que cando camiñamos da mán de alguén pola vida, cando temos un amigo ou unha amiga temos que aprender a respectar os seus momentos da mesma forma que a nós nos gustaría que nos respectaran os nosos momentos. Que ser amig@ non é ter un dereito de exclusividade sobre a outra persoa; que deixarlles facer nun momento algo sen nós non quere dicir que nos deixe de querer ou que nos ignore; que temos que entender que non lle podemos obligar a facer o que non queren ou o que nos queremos e que , do mesmo xeito, tampoco debemos permitir que nolo fagan a nós. Para que alguén  queira estar con nós só temos que deixar que queira estar con nós. Ás veces, só fai falta aprender unha lección moi sinxela: RESPECTO.

Se únicamente fósemos quen de facer o que fan este neno e este can, de respectar espazos para que poidan volver a nós e poder seguir o camiño xuntos seguro que parte do problema comezaría a solucionarse.

Categorías: Novas de interese | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Día de Rosalía 2019

Semana intensa para recordar a figura de Rosalía de Castro cunha serie de actividades propostas dende a biblioteca do centro.

La imagen puede contener: 9 personas, texto

Empezamos coas propostas realizadas para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro o 24 de febreiro do ano 1837.
Este luns, Uxía, Diego, Rocío, Felipe, María e Sarai deleitáronnos coa lectura dun dos poemas máis coñecidos , ” Adiós ríos, adiós fontes”, pertencentes a obra de “Cantares Galegos”.

 

La imagen puede contener: 3 personas, personas de pie

La imagen puede contener: 5 personas, interior

Seguimos con Rosalía. Ao longo da semana, empregando unha técnica pop art decoramos o retrato de Rosalía. Con todos eles crearemos o noso collaxe ao estilo mencionado.

 

La imagen puede contener: una o varias personas y personas sentadas

La imagen puede contener: 1 persona, sentado e interior

La imagen puede contener: una o varias personas

Os festexos de Rosalía aínda non remataron! Durante esta semana a súa figura estivo presente na biblioteca, no timbre con interpretacións variadas dos seus poemas máis coñecidos e, como non, nas nosas aulas.

La imagen puede contener: 3 personas

No hay descripción de la foto disponible.

Rematamos co video realizado polos alumnos de 2º de EP e 5 anos de Educación Infantil sobre o poema de Rosalía de Castro pertencente a obra “En las orillas del Sar” publicada no 1884.

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

“Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible” foi o lema elixido en 2017 e 2018 para celebrar o 2 de abril o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

 

As persoas con autismo enfróntanse a numerosas barreiras á hora de gozar dos seus dereitos fundamentais e de formar parte plenamente da comunidade; barreiras cognitivas pero tamén sociais que varían en función de cada individuo e das súas necesidades específicas.

O obxectivo desta campaña foi avanzar na inclusión social e para iso queremos da sociedade:

Que entenda cales son as barreiras ás que se enfrontan as persoas con TEA
Que se implique e actúe para “romper barreiras polo autismo e facer unha sociedade máis inclusiva e accesible”.
O Equipo de Orientación preparou unha actividade para concienciar e visibilizar entre o alumnado as barreiras ás que se enfrentan día a día as persoas con este transtorno. Aquí vos deixamos a nosa contribución a esta campaña.

Clicade na imaxe para acceder ao vídeo en Facebook

 

Categorías: Novas de interese | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Día da Paz 2018

Baixo o lema “Quérote máis” enchemos o colexio de globos, cores, pombas e mensaxes de amor e de respecto, tan importante hoxe en día.

Grazas a todos os mestres e os cativos e cativas pola súa disposición na realización das tarefas que se lle propoñen.

Categorías: Día da Paz | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Quérote máis!

O tempo vai pasando e xa fai que esquece, pero o 30 de xaneiro no cole quixemos conmemorar o Día Internacional da Paz e non Violencia. O fixémolo cun moi bo ritmo musical da man de O Sonoro Maxin coa peza: Quérote máis!

Clicade na pomba para acceder ao vídeo no noso FACEBOOK.

Categorías: Día da Paz | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Telexornal especial: Día do Libro

Este ano, en colaboración co Equipo de Biblioteca e os rapaces de 4º e 6º de Primaria, realizamos un telexornal para informar a todos os compañeiros e mestres do centro do porqué desta celebración. Ademais preparamos algunha sorpresiña máis que descubriredes ao ollar este adianto informativo.

Categorías: Día do Libro | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.