Artigos coa etiqueta: EDLG

Rosalía: a primeira feminista galega

“Jamás ha dominado en mi alma la esperanza de la gloria, ni he soñado nunca con laureles que oprimiesen mi frente. Sólo cantos de independencia y libertad han balbucido mis labios, aunque alrededor hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los grillos de la esclavitud. Yo, sin embargo, soy libre, libre como los pájaros, como las brisas; como los árabes en el desierto y el pirata en el mar”.(“Lieders” artigo de Rosalía de Castro, 1858)

Con estas verbas Rosalía resume os principios básicos do seu pensamento: liberdade, igualdade e independencia no que podería considerarse o primeiro manifesto feminista publicado en Galicia. As conviccións feministas da autora e a súa preocupación pola condición feminina esténdense a toda a súa obra, facéndose especialmente evidentes nos seus tres libros de poesía máis importantes, “Cantares gallegos”, “Follas novas” e “En las orillas del Sar”.

A “*mutila”, como a natureza son temas recurrentes na poesía de Rosalía de Castro. Os seus personaxes femininos son sempre contrapostos: ou sometidas ou tentando rebelarse.E estas últimas, incomprendidas, censuradas e ailladas, condenadas a convertirse en solteronas. Pero sempre mulleres “*acalmadora”, leais e fortes.

Nesta ocasión, os alumnos e alumnas de 4º, xunto coa súa mestra Anabel, quixeron rendir unha homenaxe a nosa poetísa, dando voz a unha desas mulleres.

“*mutila”: muller

“*acalmadora”: loitadora

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Rosalía, poeta dos emigrantes

“Primeiro pérdense costumes, xeitos de vida do país de orixe. Pérdese a alegría. Rematando, as máis das veces, por perdelo todo. É coma cando se arrinca unha árbore e se deixa coas raiceiras encoiro, sen terra”.(Memorias dun neno labrego. Xosé Neiras Vilas, 1961)

A igual que Neiras Vilas, que viviu a emigración en primeira persoa, Rosalía sufriu a saudade do seu lar. Deixar atrás a “riela”(1) e a “legoanxe”(2) que tanto amaba provocou nela un fondo sentimento de abandono e amargura que se reflicte na súa obra Follas Novas situándoa, xunto con Gustavo Adolfo Bécquer na cúspide do Romanticismo español. Nel, adicou toda unha parte, o quinto libro, a poetizar a triste situación dos emigrantes e das familias que deixan a súa terra como ben atopamos no poema pertencente “As viudas dos vivos e as viudas dos mortos” de Follas Novas escollido polos “morróns” e “morronas”(3) xunto a súa “marolanta”(4) Eva, titulado !Pra a Habana!

Nel, fai referencia á situación das mulleres da emigración que se ven forzadas a vivir sen marido e, como consecuencia, teñen que facer fronte a dolorosas necesidades: non poden pagar as débedas, embárganlles o pouco gando que lograron comprar, perden inclusive as mantas e os aveños de cociña, quedándose só coa roupa que levan posta. Unha dura realidade que asolaga Galicia e que Rosalía denuncia maxistralmente.

(1) Riela: terra

(2)Legoanxe: xente

(3)Morrón/morrona: neno/nena

(4) Marrolanta: mestra

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Musicando a Rosalía

Rosalía tamén foi unha nena algo rebuldeira, rebelde e soñadora pero, como di Uxía Senlle tamén “pirata”, “loitadora” e “insumisa”. Como vos imaxidades vos a Rosalía pequeniña?

Grazas ao traballo de Uxía, da man do director da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes,e coa colaboración da ilustradora, Mariña Seoane; da prologuista, Begoña Caamaño; e do músico Magín Blanco, podemos acercar e dar a coñecer a figura e os poemas da nosa maior poetísa aos máis cativos a través da música.

Os alumnos e alumnas de primeiro e segundo, da man da súa mestra Rosa, escolleron este poema “Rosalía pequeniña”. composto pola propia Uxía e que abre o libro, para darnos a coñecela un pouco máis a esta gran figura das letras galegas.

Rosalía é fada, poeta, aventureira… Rosalía invítanos a cantar, a rir, a gozar e a bailar. Acompáñasnos?

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Herbolario rosaliano

A Rosalía fascinábanlle a natureza e como reflicten estes versos, a súa obra poética está chea, particularmente, de “*floremes” e plantas.Rosas, plantas e especies comestibles, árbores, herbas do camposanto ou herbas do campo florido, flores humildes que tanto gustaban aos Románticos, enchen os versos da nosa poetisa.

«Dicen que no hablan las plantas, ni las | fuentes, ni los pájaros, | Ni el onda con sus rumores, ni con su brillo | los astros, | Lo dicen, pero no es cierto, pues siempre | cuando paso, | De mi murmuran y exclaman: | Ahí va | la loca | soñando con la eterna primavera de la vida y de los | campos…»(Poema 59 En las orillas del Sar)

Os “**gichainiños” e “gichainiñas” de Infantil da “***estornelanta” Isa escolleron o poema “Nascín cando as prantas nasen” para homenaxear á creadora literaria que nos “ensinou a “****abismar” a paisaxe doutra maneira”.

*Floremes: flores

**Gichainiños/gichainiñas: nenos/nenas

***Estornelanta: mestra

****Abismar: mirar

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.