Artigos coa etiqueta: Rosalía de Castro

ᗪíᗩ ᗪE ᖇOᔕᗩᒪíᗩ


O pasado 17 de xaneiro a Fundación Rosalía de Castro convocou a diversas entidades culturais e educativas relacionadas co Día de Rosalía para acordar as celebracións deste aniversario e, como resultado consensuado, acordouse mudar a data de celebración do día da poetisa galega ao 23 de febreiro . Este cambio prodúcese despois de que a investigadora galega Sagrario Abelleira revelase o pasado ano nova documentación que acredita a data de nacemento real nese día, dando a coñecer ademais datos inéditos sobre a vida da nosa autora máis recoñecida e da do seu home, Manuel Murguía.

Como o día está moi próximo, e seguro que todos andamos a darlle voltas a cabeza para deseñar actividades que estean á altura de tan ilustre persoeiro das nosas letras, compartimos material que nos achega a coordinadora de EDLG.

-Díptico do Día de Rosalía e unidades didácticas para Ed. Infantil e cada un dos ciclos de Ed. Primaria. Formato PDF (Arquivo adxunto)

-Unidades didácticas para Ed. Infantil e cada un dos ciclos de Ed. Primaria. Formato Calameo.
UD. Infantil: https://es.calameo.com/read/00670476639e85dc9afc7
UD 1º ciclo EP: https://es.calameo.com/read/006704766eb12b05c836e
UD 2º ciclo EP: https://es.calameo.com/read/006704766be13afdee92e
UD 3º ciclo EP: https://es.calameo.com/read/0067047662f0e4b46eb4c

-Rosalía de Castro. Biografía. Actividades intereactivas en formato Genially:
https://view.genial.ly/5ff75e8bc217200ce77cc6d5

-Que sabes de Rosalía de Castro? O rosco de Rosalía. Actividades interactivas en formato Genially:
https://view.genial.ly/61ef0aca2dd7bf001347b1be

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Día de Rosalía 2019

Semana intensa para recordar a figura de Rosalía de Castro cunha serie de actividades propostas dende a biblioteca do centro.

La imagen puede contener: 9 personas, texto

Empezamos coas propostas realizadas para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro o 24 de febreiro do ano 1837.
Este luns, Uxía, Diego, Rocío, Felipe, María e Sarai deleitáronnos coa lectura dun dos poemas máis coñecidos , ” Adiós ríos, adiós fontes”, pertencentes a obra de “Cantares Galegos”.

 

La imagen puede contener: 3 personas, personas de pie

La imagen puede contener: 5 personas, interior

Seguimos con Rosalía. Ao longo da semana, empregando unha técnica pop art decoramos o retrato de Rosalía. Con todos eles crearemos o noso collaxe ao estilo mencionado.

 

La imagen puede contener: una o varias personas y personas sentadas

La imagen puede contener: 1 persona, sentado e interior

La imagen puede contener: una o varias personas

Os festexos de Rosalía aínda non remataron! Durante esta semana a súa figura estivo presente na biblioteca, no timbre con interpretacións variadas dos seus poemas máis coñecidos e, como non, nas nosas aulas.

La imagen puede contener: 3 personas

No hay descripción de la foto disponible.

Rematamos co video realizado polos alumnos de 2º de EP e 5 anos de Educación Infantil sobre o poema de Rosalía de Castro pertencente a obra “En las orillas del Sar” publicada no 1884.

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Rosalía Pequeniña

Rosalía de Castro, a dama das Letras Galegas, a muller que falou e escribiu en galego cando a nosa lingua era considerada a lingua dos “pobres e iñorantes”, foi unha nena coma todos vós. Soñaba con ser pirata, fada ou india; gozaba agatuñando ás polas das figueiras; escribía versos chamando pola alborada porque tiña medo da escuridade e soñaba con cambiar o mundo e axudar á xente pobre e desfavorecida.

A través da voz de Uxía podemos coñecer a esa Rosalía Pequeniña; coñecer os seus soños, as súas esperanzas e ilusións , os seus medos e a súa maneira de enfrentarse a eles a través da palabra escrita na lingua da súa aldea, da súa xente, da súa terra.

Esperamos que vos guste tanto coma a nós.

‘Rosalía pequeniña’ é o título libro-disco de Uxía na Editorial Galaxia (colección Sonárbore, 2013), ilustrado por Marina Seoane.

 

 

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

INVESTIGAMOS A ROSALÍA DE CASTRO

Andrea e Rocío son unhas actrices fantásticas! Senón o credes mirade este video que fixeron con todas as cousiñas que aprenderon sobre Rosalía de Castro.

Mi película ROSALÍA from Patricia López Rodríguez on Vimeo.

Categorías: Letras Galegas 2013 | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Rosalía na aula de PT

Como xa sabedes estamos no ano de Rosalía de Castro e Andrea e Rocío están traballando coa  súa biografía e a súa obra para coñecela un pouquiño máis. Nos queremos botarlles unha man e, para elo,  creamos  este lim que poden tamén empregar todos os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo.Xa vos ensinaremos o traballo final cando o rematen. Seguide atentos que están a argallar unha sorpresa!!!

pizap.com13625782885241

2013-03-05_2016

 

Categorías: Letras Galegas 2013, Lims, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.