Coincidindo co 110 anos do seu nacemento, a Rela Academia Galega (RAG) dedicará o Día das Letras Galegas a un loitador cultural incansable, continuador do legado do Grupo Nós e un dos impulsores precisamente destas Letras Galegas. Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913-Vigo, 2010) será a figura da vindeira celebración do 17 de maio de 2023.
O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, da man das mestras Susana Vila (AL) e Natalia Carracedo (PT), coa colaboración dos alumnos de 3º, 4º e 6º curso de Primaria realizaron este vídeo para que a nosa comunidade educativa coñecera un pouco máis a figura de Francisco Fernández del Riego. Agradecer ao noso orientador, David González pola súa increible ilustración.
Agardamos que este vídeo vos axude a coñecer un pouco máis a vida de Francisco Fernández del Riego. Con ilusión, alumnos e alumnas do CEIP Nosa Señora das Dores.
Deixar unha resposta