RECURSOS LETRAS GALLUFAS 2023

O Día das Letras é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida. O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos de número Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron a celebración do Día das Letras Galegas no seguinte escrito presentado á Academia.

E precisamente este ano, cando se cumpren os 60 maios desta celebración, o homenaxeado é un dos seus impulsores, Francisco Fernández del Riego.

DATOS BIOGRÁFICOS FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Seminario Galán

Real Academia Galega: a primavera das letras

O Portal das Letras

RECURSOS DIDÁCTICOS

Genially do CEIP Fondo Nois

Vídeo homenaxe a Francisco Fernández del Riego creado polos alumnos de 5º do Colexio San Pío X e Ourense.

Un ano máis, o alumnado do CPR Plurilingüe Divina Pastora deléitanos con dúas composicións coas que quere homenaxear o autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas, este ano 2023, Francisco Fernández del Riego.

O EDLG do Carballal continúa a súa tradición (e xa van 9 anos!) de dar a coñecer a figura homenaxeada nas Letras Galegas mediante a marabillosa idea de compoñer e instrumentar letras acerca dela.

Como non podía ser doutro xeito, esta vez trátase da canción titulada “Don Paco” que nos conta os principais trazos da biografía de Fernández Del Riego. No videoclip o alumnado canta e interpreta a coreografía da versión discotequeira de “Killing me softly with his song” que crearon, baseándose outra volta nun éxito de 1973, ano da fundación do colexio, que segue festexando o seu 50 aniversario.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: