Artigos coa etiqueta: Letras Galegas

Letras Gallufas 2022

Hoxe, venres 13 de maio, festexamos as Letras Galegas subindo ata a Praza do concello de Forcarei. Baixo o lema “Forcarei coas letras” preparamos, dende o Equipo de dinamización da lingua galega e o de biblioteca, un humilde acto no cal se pretendía dar a coñecer entre a comunidade a figura de Florencio Delgado Gurriarán. 

Para tal ocasión, contamos cos nosos axudantes de primaria, tanto para a presentación como para o recitado de distintos versos. “A Salve”, “A Caldeira”, “Cousas do outono”, “Andan os paxaros” ou “Ti cantar, cantache” foron algúns dos poemas que se leron neste acto conmemorativo, onde estivemos acompañados de todas as familias  e outros membros da comunidade que quixeron achegarse ata a Praza do concello para compartir este momento connosco. 

De agasallo levaron para as súas casas un marcapáxinas e o poema “Aí vén o maio” (adaptación musical de Nacho Hermida do CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras). 

Tampouco quixemos esquecer aos nosos maiores. Por iso, un pequeno grupo se achegou ata a residencia Virxe das Dores, para presentarlles a figura de Florencio Delgado, recitar uns versos do autor, e entregarlles  marcapáxinas elaborados por todo o alumnado do centro. 

Imaxe da web do CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

Categorías: O máis xido dos arxinas | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Letras Galegas 2014

Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro. Nela, partíllanse recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. que foron elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo dos centros escolares, institucións, asociacións, etc.

Clicade na imaxe para acceder aos recursos propostos.

Pantallazo-1

Categorías: Letras Gallufas | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

LETRAS GALEGAS 2013

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar os carteis e guías das  Letras Galegas 2013, ademais dunha selección de materiais e recursos elaborados por distintos centros educativos cos que se pretende contribuír a un mellor coñecemento do destacado dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.

Podedes acceder a ditas actividades clicando na imaxe.

Captura de pantalla de 2013-05-12 22:54:55

Dende o CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira proponnos este lim para achegarnos a figura de Roberto Vidal Bolano.

 

 

Captura de pantalla de 2013-05-12 23:00:26

 

XOGAMOS con Roberto Vidal Bolaño

Co gallo das Letras Galegas 2013, Ana Piñeiro, do Ceip Frian Teis, realiza este xogamos sobre a figura do autor homenaxeado.

Captura de pantalla de 2013-05-12 23:06:50

Categorías: Letras Galegas 2013 | Etiquetas: | Deixar un comentario

Mergullámonos na historia das Letras Galegas.

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano “Dia das Letra Galegas” como data para “recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega”.

Rosalía de Castro

Rosalía de Castro

Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que “con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro”, a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.

Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 “foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea” e que “a súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria”, concluindo que representa “un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia”.

Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.

(Texto extraído da páxina http://www.diadasletrasgalegas.com)


Escritores homenaxeados dende que se celebrou o día das LETRAS GALEGAS o 17 de maio de 1963 ata o 17 de maio de 2012.

Eduardo Pondal

Eduardo Pondal

O himno galego é estreado en 1907 na Habana, froito, coma a bandeira e o escudo, da emigración. En 1908 farase oficial. Na súa elaboración conxúganse as partituras de Pascual Veiga e o poema Os Pinos de Eduardo Pondal. O motivo central e moi sinxelo: que Galicia esperte do seu soño e emprenda o camiño cara á liberdade.
O nome de Galicia non figura en ningunha parte do poema, como é habitual en Pondal, sendo substituído por Fogar de Breogán. Pídeselle que esperte do seu soño, que non esqueza as inxurias e que escoite a voz dos pinos rumorosos, que non é outra cosa que o pobo galego.
En 1975, durante  uns actos folclóricos na festa do Apóstolo, a xente comezou a se levantar namentres o himno soaba. Ao año seguinte instaurouse esta costume de modo definitivo na Praza da Quintana, ratificado tamén polas autoridades asistentes.

(Texto extraído da páxina http://www.fillos.org/fillos/taboleiro/mensaxes/1161.htm)

Categorías: Letras Gallufas | Etiquetas: | Deixar un comentario

Letras Galegas 2012

Ímonos preparar para celebrar o Día das Letras Galegas. Aquí vos deixo enlaces a distintas actividades e páxinas para coñecer a Valentín Paz Andrade, o escritor homenaxeado este ano.


Actividades sobre a figura e obra de Paz Andrade

Enlaces de interese

 

 

                      

Categorías: Letras Gallufas | Etiquetas: | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.