Ano Internacional da Agricultura Familiar

2014-04-04_2246Co lema “Alimentar ao mundo, coidar o planeta”, a ONU adícalle este ano a agricultura familiar pois considera que os agricultores familiares  xogan un importante papel na mitigación da fame e a pobreza, a seguridade alimentaria e a nutrición,  para mellorar os medios de vida, a xestión dos recursos naturais, a protección do medio ambiente  e para lograr o desenrolo sostible, en particular en zonas rurais.

No mundo existen máis de 500 millóns de explotacións agrícolas familiares. Son actividades rurais  xestionadas e operadas por unha familia e dependen principalmente da man de obra familiar. Ademais en moitas rexiones son os principais productores dos alimentos que consumimos a diario. Por iso, a ONU considera que os governos deben comprometerse a buscar formas eficaces de axuda e apoio a agricultura familiar.

Por este motivo, o vindeiro mércores 9, teremos o gusto de disfrutar da compañía de Enrique Banet, presidente fundador da Fundación Senda Verde,  dentro do ciclo de charlas “Son d’aquí”.

Enrique Banet leva ligado ao noso concello dende que,no ano 2009,  se lle cedera á súa fundación a Escola de Leboso para a creación dun centro  que ten como obxectivo actuar como dinamizador de todas as actividades comarcais que teñan relación coa agricultura ecolóxica, a bioconstrución, a actividade forestal, as enerxías renovables, o turismo e o apoio á creación de empresas verdes.

Se queredes coñecer máis sobre esta  iniciativa e as actividades que está a desnvolver, deixámosvos o enlace á súa páxina web.

2014-04-04_2310

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑