Estamos no San Martiño e o venres celebramos o magosto no colexio . Os nen@s fixeron uns cestiños para as castañas con botellas de auga recicladas do comedor. Para rematar organizamos unha sesión de xogos típicos destas datas: o papacastañas, toma castaña, sementa e apaña, o baile da castaña, castañagolf. Gracias a tódolos pais e nais pola colaboración. Deixàmosvos unhas fotiños.
Artigos coa etiqueta: xogos tradicionais
Magosto 2014
Hoxe o tempo dounos un respiro e puidemos celebrar a noso Magosto. Como nos tardaba! Ademais das castañas, este ano a festa contou cunha serie de xogos tradicionais preparados polo Equipo de Extraescolares e coordinados polos alumnos de 6º de Primaria, como os bolos celtas, os rulos, a chave e a petanca. Pasámolo estupendamente! Non hai mais que mirar estas imaxes.