Artigos coa etiqueta: valores

A guerra dos números

Captura-de-pantalla

UN era un número moi pequeno. Sempre estaba só e sentía envexa dos demais, que tan superiores lle parecían. Un día, o Rei Menos deulle os planos para construír unha arma terrible: o Signo MENOS.

Usando a operación matemática da resta dunha forma metafórica, Juan Darién quere desmontar a idea de que todo aquelo que é diferente supón unha amenaza senon que o coñecemento dos outros enriquece e engrandece: suma, non resta.

GUERRA(1)_0

Un conto para a paz que manexa conceptos como o da escravitude, o abuso, a resolución de conflitos…, pero tamén unha ferramenta didáctica para se familiarizar con códigos e procesos matemáticos.

GUERRA(2)_0

Este conto de Kalandraca é todo un envoltorio repleto de valores universais como a liberdade, a paz, e o respecto aos demais e á diferenza.

Categorías: Recomendacións lectoras | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Día da Paz: Lecturas para nenos e adultos

A editorial Kalandraca recomenda unha serie de lecturas para nenos e adultos para que reflexionemos sobre a importancia de valores como a concordia, a tolerancia, a solidaridade, a paz,…

animoto 720p from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: Recomendacións lectoras | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.