Artigos coa etiqueta: tradicións

Cantos, contos e outras músicas:Lendas de San Miguel de Presqueiras

IMG_20141102_172119A Mochila Viaxeira está de volta e con ela o noso libro viaxeiro cargadiño de lendas, contos, refráns e cantigas. Inés, de 5º de Primaria, recolleu tres lendas da parroquia da súa avoa Emilia e deixounos estes podcasts. Disfrutade deles.

IMG_20141102_181918

 

 

 

 

 

 

 

     Moitas grazas a Inés e á súa avoa.                                                                                                 Vista do monte Parada dende a capela do Castro.

A primeira lenda titúlase “Os caldeiros de borralla”

http://www.ivoox.com/os-caldeiros-borralla_md_3692337_wp_1.mp3″ Ir a descargar

 

A segunda titúlase “A galiña do Castro”

IMG_20141102_181419

Capela do Castro en Presqueiras.

http://www.ivoox.com/a-galina-do-castro_md_3692467_wp_1.mp3″ Ir a descargar

A terceira cóntanos o por que da construcción da capela do Castro, onde se atopaban a galiña e os piriños da lenda anterior.

http://www.ivoox.com/a-lenda-da-capela-do-castro_md_3692824_wp_1.mp3″ Ir a descargar

Advertisements
Categorías: Cantos, contos e outras músicas, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Xoves de Compadres 2014

O XOVES DE COMPADRES LEVANTA O PANO DO ENTROIDO 2014

pizap.com13930777098771

O Entroido, tamén chamado Antroido, Introido, Entruido, Entrudo, Entrudio, é un tempo de festas no que se lle da a volta aos papeis e valores normais mediante troulas, máscaras, sátiras… Uns días de rebeldía social. que inclúe diversas celebracións como o Xoves de Comadres e o Xoves de Compadres, que segundo o lugar, podían festexarse un antes co outro.

O fundamental é que as rapazas, o Xoves de Compadres, facían un moneco ridiculizador de palla chamado “o compadre” que colgaban e defendían dos mozos que tiñan que intentar apoderarse del para queimalo. No Xoves de Compadres,  facíase ao revés.


A pesares de ser tradional da provincia de Ourense, sobre todo en Verín, Viana do Bolo ou Monforte de Lemos, en Forcarei tamén temos o noso particular Xoves de Compadres que marca o inicio do Entroido no noso centro.


Categorías: Entroido, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

MAGOSTO 2013

O pasado venres celebramos no cole a festa por excelencia do mes de novembro: O MAGOSTO. E que ben o pasamos gracias ao profe Javi que nos preparou  castañas e ao profe Toño por organizar os xogos e animar a festa!

Antigamente o Magosto acababa con baile e xogos pero o día foi tan frío que comezamos cunhas carreiriñas para ir quentando e facendo sitio para as castañas. O que si recuperamos para o final foi o xogo tradicional de mancharnos a cara coa borralla da fogueira. Pero  mellor unhas imaxes para ilustrar estas palabras. Disfrutade!

Categorías: O Magosto | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Encontro de vellos

Ola a todas e a todos:

Aquí estamos os nenos e nenas de 6º cunha sorpresiña. Non sei se recordaredes que fai uns dous ou tres anos tivemos aquí neste mesmo escenario unha representación do Entroido dunha zona veciña: a comarca da Ulla. Viñéronnos visitar daquela os “xenerais” cos seus “encontros” e “atranques”. Pois ben, este ano quixemos recordalos pero poñendo en escea os “encontros de vellos”, que non son máis que unhas parolas entre dous entroidos que se encontran e que falan de temas da actualidade.

Como non pode ser doutra maneira, é todo broma; por iso pedimos de antemán disculpas se alguén se sinte aludido ou aludida; non é con mala intención, só queremos pasar uns momentos divertidos e rirnos un pouco.

Antes de empezar quixera dicirvos que o autor destas coplas non é ninguén en concreto, senón que fomos todos os alumnos de 6º os que aportamos as ideas. Nin se vos ocorra culpar a ninguén; pero eu direivos que os meus avós maternos son desta comarca: da comarca da Ulla, e ao mellor foron eles os que me axudaron…..

encontros from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Como broche final quixera dicir que a nosa clase queremos agradecer os aplausos e tamén ao verdadeiro autor destas coplas que hoxe non puido estar con nós por motivos laborais. Pois si : foi un xeneral da Ulla o que as fixo. O seu nome é José Ricardo Bragaña Magariños, ao que mandamos un saúdo e graciñas pola súa axuda desinteresada. Grazas a todos.

Categorías: Entroido, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,, | 1 Comentario

Son de aquí: Francisco Rozados “Rochi”

imagesCon Francisco Rozados “Rochi” e a revista “Metacios” o Equipo de Normalización inicia o espazo “Son de aquí”.
Rochi xa nos visitara o curso pasado para presentarnos en primicia a obra de monicreques titulada “O arxina e o felo”  e, deixounos tan bó sabor de boca ,que quixemos devolverlle o seu agasallo iniciando con el  esta serie de relatorios  para dar a coñecer aos nosos nenos o valor da nosa cultura a través de distintos persoeiros relevantes da nosa terra.

Durante unha hora Rochi comparteu connosco o coñecemento,o amor e o orgullo que sente pola terra que o veu nacer e converterse nun dous máis ferventes difusores da cultura e tradicións dos nosos antergos. Con el comprendemos que o coñecemento das nosas raíces  fainos ser quen somos e, que sen ela, perderíamos a nosa esencia e identidade.

O seu interese por manter viva a cultura do noso concello levouno a respaldar económicamente a continuación do proxecto Cotaredo, agora baixo o nome de Metacios. A revista continua coa temática da anterior publicación así coma co  respaldo dos colaboradores habituais coma Xosé Luis Barreiro , José Raposeiras e Carlos Baliñas, entre outros.

Categorías: Son de aquí | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.