Artigos coa etiqueta: traballo colaborativo

Saboreando o Outono

Como remate do traballo ” Saboreando o outono”, (traballo proposto polo Equipo de Biblioteca e o de Normalización) realizado ao longo destas últimas semanas, organizamos unha sesión de degustación dos froitos do Outono sobre os que se realizou o proxecto de investigación. Houbo pasteis de cabaza,, mazà,noces, marmelo con queixo, compota de mazà, pan de figos e millo ,noces, pipas de cabaza, uvas, granada….Menuda enchenta!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A exposición dos traballos realizados nas aulas estará exposta durante esta semana no salón de actos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Advertisements
Categorías: Saboreando o Outono | Etiquetas: ,,,,,,, | Deixar un comentario

Palabras para construir a PAZ

Gloria Fuertes ensinounos que só necesitamos tres letras para formar a palabra PAZ. Pero….

Cantas palabras son necesarias para construir a PAZ?

Con este obxetivo, decidimos elaborar o noso ABECEDARIO INTERNACIONAL DA PAZ con todas aquelas palabras (en galego, castelán, inglés,….) que criamos  necesarias para que a PAZ poida reinar no noso planeta, no noso país, na nosa cidade, no noso cole, nas nosas casas e nos nosos corazóns.

Tanto no salón de actos do centro coma na biblioteca, deixamos unhas siluetas de pombas para que o que quixera puidera escribir a súa palabra. Outros decidiron debuxar a contorna da man en vez da pomba. Os recreos desta semana pasaron voando pois rápidamente todos nos puxemos mans a obra. E incluso os máis cativos, axudados polos maiores, escribiron a súa palabra ou deixáronnos fermosos debuxos.

E como nos recordaron a profe Patricia e os seus rapaces, non esquezades que…

fin

Categorías: Día da Paz | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.