Artigos coa etiqueta: Save the Children

Corruños Solidarios

O pasado venres 28 de xaneiro, o noso centro, o CEIP Nosa Señora das Dores, celebrou o Día escolar da Non Violencia e da Paz. Dende a área de Educación Física, en colaboración con todos os mestres e mestras e grazas aos patrocinadores conseguidos, organizamos unha xornada escolar onde todo o alumnado realizou unha Carreira Solidaria a favor de Save The Children.

Grazas á cesión das instalacións deportivas por parte do concello de Forcarei, puidemos empregar o campo de fútbol para desenvolver a citada carreira.

Unha, dúas, tres, catro, cinco…. foron as voltas que chegaron a dar o nosos “xambreadores de largance“. Sen lugar a dúbidas unha xornada, deportiva, divertida e, sobre todo, solidaria.

𝓖𝓪𝓵𝓮𝓻í𝓪 𝓭𝓮 𝓲𝓶𝓪𝔁𝓮𝓼

Categorías: Día da Paz, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

🏃‍☮QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar todos os días , aínda que especialmente, o 30 de xaneiro. No Día da 𝑷𝒂𝒛, os centros educativos comprometémonos como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

Este ano queremos dar un paso adiante no noso compromiso implicándonos dun xeito máis activo. Entendemos que a mellor maneira para adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o noso desenvolvemento como cidadáns globais, críticos e comprometidos cos nosos dereitos e os doutras persoas é coa a̲c̲c̲i̲ó̲n̲.

A supervivencia infantil amenazada por conflictos, desnutrición, cambio climático ou violencia de xénero está en risco como nunca antes vimos,agravada pola crise sanitaria derivada da pandemia.

Mañá, mantendo todas as medidas de seguridade e hixene, tanto o alumnado coma o profesorado, apadrinado polas familias e amigos, imos calzar as nosas zapatillas e correr cun único fin: a defensa dos dereitos da infancia.

Moitas grazas pola vosa colaboración e compromiso!

Categorías: Día da Paz | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.