Esperamos que os Tres Reis Magos tomen boa nota das Recomendacións Lectoras para este Nadal e enchan os seus camelos de fermosos libros cheos de enxenosas aventuras e viaxes fascinantes polo mundo da fantasía e imaxinación.
Nerea recoméndanos este libro da editorial Galaxia escrito por Agustín Fernández Paz, con ilustracións de Fran Jaraba, onde a súa protagonista, a princesa Zeralda, tratará de vingarse dun dragón que ten atemorizado a toda a xente da comarca. Este conto encandila aos cativos porque segue o modelo dos relatos clásicos marabillosos onde cabaleiros, monstuos, dragóns , magos e todas clase de persoaxes fantásticos corren aventuras máxicas.
Precioso e tenro libro publicado por Kókinos en galego, Adiviña canto te quero está escrito por Sam McBratney e ilustrado por Anita Jeram.Nel, dúas lebres intentan medir o seu amor pero acabarán descubrindo que é algo imposible de cuantificar.
Imprescindible para lerllo aos máis pequenos antes de ir durmir a través do cal comprenderán a immensidade deste sentimento á vez que aprenderán a expresar o tamaño do amor que sinten pola xente que os rodea.
A última novidade de Edelvives en álbums ilustrados de Davide Cali con ilustracións de Anna Laura Cantone, O que é o amor?. Neste caso a nena pregunta a toda a familia: nai, pai, avó, avoa, e obterá unha resposta diferente segundo os gustos de cadaquén. Pero xuntándoos todos obterá unha resposta axeitada. E é que amar, finalmente, déixanos un sorriso na face.
Con gran sentido do humor, José Campanari da mán da editorial OQO crea un personaxe entrañable capaz de percorrer calquera camiño, por difícil que pareza, na procura do amor verdadeiro. Pero unha lectura máis profunda de Sígueme! descubriranos tamén unha historia de amor sen prexuízos, cuns protagonistas capaces de superaren calquera tipo de diferenza ou barreira (tamaños, cores, culturas, hábitats…)
Nesta ocasión, Olivia de 6º, recoméndanos Poetízate de Fran Alonso.
A POESÍAnon morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate.
Todos coñecedes A bruxa regañadentes ou Corre, corre Cabaciña. Pero que vos parece poder ver estes contos nun filme? A que sería divertido?
Pois a editorial OQO, atendendo as inquedanzas de pais e mestres para que novos materiais se incorporen a cultura audiovisual de calidade, e en galego, ás aulas, acaba de editar nove dos seus relatos máis coñecidos para ser gozados en formato audiovisual pois consideran que é ” un dos formatos actuais máis populares para a transmisión de contos”.
Os contos do camiño I ofrece unha calidade avalada por premios e candidaturas en festivais internacionais especializados como o Brasil Stop Motion, o Festival Internacional de animación de Annecy (Francia), o Festival Zlin (República Checa), o Festival de televisión infantil deBarcelona ou o Japan Prize 2012, co que a televisión pública xaponesa NHK recoñece os mellores produtos audiovisuais educativos do mundo.
Nesta nova publicación atoparedes os títulos máis coñecidos da editorial OQO.
A bruxa regañadentes
A cousa que máis doe do mundo
A grande viaxe
A pota que trota
A tartaruga que quería durmir
Corre corre, cabaciña
Pedra, Pau e Palla
Rato Tom e rata Tomasa
Un gato na árbore
Bo cine de animación que toda a familia desexará ver.
Seguimos a recibir unha morea de recomendacións lectoras!!!!!!!
Neste caso, Marcela de 3º, quixo presentarnos un dos libros da nosa recomendación para o Nadal, Bicos de música, de Mamá Cabra.
Visitade o noso Kontacontoparticular para coñecer esta e outros libros para pasar unha tarde de choiva entretida, divertida, misteriosa,cariñosa, solidaria, aventurera…. Vós decidides!!
Candela, da clase de 3º, trouxonos este fermoso libro ilustrado por Eric Carle e editado pola editorial Kalandraca titulado Queres xogar comigo? E vos, queredes tamén xogar co pequeno ratiño protagonista desta historia?
UN era un número moi pequeno. Sempre estaba só e sentía envexa dos demais, que tan superiores lle parecían. Un día, o Rei Menos deulle os planos para construír unha arma terrible: o Signo MENOS.
Usando a operación matemática da resta dunha forma metafórica, Juan Darién quere desmontar a idea de que todo aquelo que é diferente supón unha amenaza senon que o coñecemento dos outros enriquece e engrandece: suma, non resta.
Un conto para a paz que manexa conceptos como o da escravitude, o abuso, a resolución de conflitos…, pero tamén unha ferramenta didáctica para se familiarizar con códigos e procesos matemáticos.
Este conto de Kalandraca é todo un envoltorio repleto de valores universais como a liberdade, a paz, e o respecto aos demais e á diferenza.
Hugo, Paula e Ángel quixeron recomendarnos os libros que están a ler coa profe Patri despois de ver o cartel de Kontacontos que hai diante da súa clase. Ollade este video onde, ademais de ensinarnos os seus libros favoritos da colección Bubela, nos contan un pouco de que vai cada un deles. Fantástico rapaces!!
A editorial Kalandraca recomenda unha serie de lecturas para nenos e adultos para que reflexionemos sobre a importancia de valores como a concordia, a tolerancia, a solidaridade, a paz,…
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
Esta é a páxina do equipo de Normalización Lingüística do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei. Dende aquí queremos mostrarvos o noso traballo, e todo o que teña que ver coa nosa lingua.Escollemos o nome de Arxineando pois queremos facer unha homenaxe a unha das profesións que levaron o nome do noso concello polo mundo adiante, os Arxinas ou canteiros.Esperamos que disfrutedes co noso traballo e recordade...Badulemos Gallufo!
Recursos para o Samaín
Recursos para o Día da Paz
Recursos para o Entroido
Audiovisuais en galego
Coordinadora Galega de equipos de Normalización e Dinamización Lingüística