Artigos coa etiqueta: recomendacións lectoras
Recomendacións lectoras Nadal 2018
Guías de lectura Nadal 2014
Chegado o Nadal, as bibliotecas escolares dos centros educativos da comarca de Terra de Montes, unímonos para elaborar estas guías de recomendacións lectoras. Con elas pretendemos que este período vacacional a lectura forme parte do tempo libre converténdose nun hábito máis de ocio.Agardamos que as nosas recomendacións sexan do agrado dos cativos. Clicade na imaxe para ver as guías no blogue da biblioteca.
Decoramos o Día do Libro
O pasado mércores 23 celebramos no centro o Día Internacional do libro.Como actividade central, preparamos unhas árbores moi especiais, unha por cada ciclo, para que os rapaces deixaran as súas recomendacións lectoras en forma de libros. Quedaron chulísimos!

Paula recomenda
Nesta ocasión, Paula de 4º, recomendounos o libro de titulado Antonio García Teijeiro “Un rato díxolle a lúa” onde poderedes atopar «simpáticos, fermosos, divertidos, sensibles, punzantes, libres, salgados, máxicos, outonizos, perennes» poemas que transmiten emoción, beleza e solidariedade.
Ilustrada por Xosé Cobas e musicada por Paco Ibáñez (nun CD que se acompaña), este libro recolle a poesía chea de luz e musicalidade deste autor.
Ana recomenda…
Ana, de 3º, presentounos esta semana a adaptación que realizou Iratxe López de Munáin para a Editotial OQO do conto dos irmáns Grimm “Rapuncel”.
Dende 1812 a historia non variou: Con enorme pena, os pais tiveron que entregar a meniña, á que chamaron Rapuncel. Cando cumpriu doce anos, a meiga pechouna nunha torre, por medo a que marchase do seu carón. E alí viviu, vendo pasar os días, ata que un príncipe se fixou nela cando lanzaba as súas longas trenzas pola ventá, e namorouse perdidamente…
Pero, nesta versión, a autora quixo ir un pouco máis alá do que nos contan os contos de fadas, bruxas, torres,…. Preséntannos a unha nai preocupada “que ten medo a que a súa filla creza e polo tanto, a que poida sufrir. E a dunha rapariga con ganas de decidir por si mesma, de abandonar a seguridade que a súa nai lle ofrece e de atopar a súa propia voz”.
Lecturas para a Paz
Durante estes días os rapaces do centro poden gozar dunha escolma de libros como anticipo da Semana da Paz que está a organizar a Biblioteca e o Equipo de Normalización do 3 ao 6 de Febreiro.Esperamos que este segundo ciclo temático que abordamos neste curso como proposta de ámbolos dous equipos teña o mesmo éxito que o primeiro.
Aquí vos deixamos algunhas destas recomendacións.
Sabela recomenda…
A nosa compañeira Sabela, de 4º curso, recomendounos esta semana un libro da editorial OQO titulado A VODA DO GALO PINTO.
Narra os días anteriores á voda entre o galo Pinto e Xiana e como ela descobre grazas a unha boa amiga, que non ten boa sona, as verdadeiras intencións de Pinto.
Afortunadamente Xiana coñece o egoismo de Pinto cando aínda é tempo.
O autor do novo álbum da Colección O de OQO editora é Juan Alfonso Belmontes, quen a partir dos encontros e desencontros dos tres personaxes principais (o Galo Pinto, Xiana e a raposa da matogueira) vai tecendo unha singular historia de amor na que tampouco faltan os celos, as penas, os enganos ou a cobiza… Con estes ingredientes a emoción está garantida, e entre enredo e enredo o autor convídanos a que reflexionemos con el sobre os sentimentos.
Guía de lecturas para o Nadal
Se aínda non rematáchedes a carta para os Reis ou Papa Noel, non esquezades incluir un libro. Aquí vos deixamos esta escolma de lecturas que seleccionaron os mestres do cole pensando nos rapaces dos seus cursos. Esperamos que vos gusten. Xa nos contaredes!
Recomendacións lectoras para o Samaín
Por se aínda non tendes un libro escollido para ler na noite do Samaín aquí vos deixamos esta guía de lectura. Esperamos acertar!
Ana recomenda
A nosa compañeira Ana da clase de 4º trouxo xa vai varios días un libro para recomendar titulado “Noite de Reis en Kalpankalá” de Xosé A. Perozo. Neste Papá Noel e os Reis Magos son víctimas dun estraño roubo…. pero se queredes saber que é o que pasa non esperedes ao próximo Nadal para descubrilo. Pode ser unha boa lectura para refrescar as tardes de calor veraniegas.
Ana recomenda… from María Abilleira Pomar on Vimeo.