Artigos coa etiqueta: proxecto documental

Seguimos investigando

Lendo o artigo de La Voz sobre o escudo de Forcarei, quixemos saber que é iso de castrar colmeas. Xurdiron varias ideas e pensamos seguir investigando un pouco máis sobre este tema.

Aquí vos queda este video sobre o proceso da castración dunha colmea.

Hai varios oficios relacionados coas colmeas e os productos que se obten da castración das colmeas. Usando o Dicionario da Real Academia Galega, buscade o significado destas palabras: meleiros, cereiros e borreiros.

2013-04-10_2142

Categorías: Os oficios | Etiquetas: ,,,,,, | Deixar un comentario

O GUERNICA: UN CADRO PARA A PAZ

Este ano os alumnos de 6º atopamos un cadro en internet que nos pareceu un tanto “rariño”.

Entón decidimos investigar e quedamos sorprendidos por todo o que atopamos agochado nel.

Resulta que é un cadro que simboliza a paz. Imos ver por que:

PicassoGuernica

  • Pablo Picasso pintou o cadro “Guernica “ no ano 1937, durante a Guerra Civil.
  • É un cadro sobre os horrores da guerra, por iso o orixinal está pintado en branco, negro e tonos de grises.
  • As medidas do cadro orixinal son: alto: 3,5 metros e ancho: 7,7 metros.
  • Está exposto no museo “Reina Sofía” de Madrid.
  • Está cargado de simboloxía, é dicir, cada figura do cadro significa algo:
  • Pomba con á rota = Paz rota pola guerra.
  • Ferradura = esperanza, sorte.
  • Luz = bombas da guerra
  • Candil = alegoría da República
  • Nai con neno no colo = dor
  • Touro = sorpresa, aturdimento.
  • Cabalo = sufrimento
  • Rabo do touro = destrucción
  • Estrela de cinco puntas = fe
  • Espada = perdedor
  • Flor = esperanza

Os nenos e nenas deste colexio pedimos que o que representa este cadro non volava ser real como foi naquel tempo. Tamén pedimos que non haxa máis pelexas entre nós pois é a maneira en que podemos empezar tendo paz dende o patio do noso colexio.

Aquí tendes o resultado deste pequeno proxecto documental:

Categorías: Día da Paz | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.