Artigos coa etiqueta: poesía

PDI:Mergullándonnos na biblioteca

Ao longo do curso 2018-2019 no marco do Plan de Formación do Profesorado realizamos un novo  proxecto documental integrado de xeito colaborativo entre os centros CEIP Nosa Señora das Dores e CEIP Soutelo de Montes sendo o centro de interese os mares e océanos, no que a biblioteca foi o eixe vertebrador, proporcionando ademais dos recursos documentais, os espazos e recursos persoais dispoñibles.

A temática traballada foi moi variada e ampla intentando que o traballo se coordinara e complementara de xeito dinámico para facer unha exposición atractiva, didáctica e interactiva.

CEIP Soutelo de Montes

Infantil: os Océanos

1º/2º de Primaria: A vida submariña

3º/4º de Primaria: Naufraxios

5º/6º de Primaria: As romarías

CEIP Nosa Señora das Dores

Infantil: Arte do mar

1º de Primaria: Lendas mariñas e seres mitolóxicos

2º de Primaria: Os sons do mar

3º de Primaria: Animalario mariño

4º de Primaria:Os corais

5º de Primaria: Historia da navegación

6º de Primaria: Os Océanos

Asemade, a visita a exposicón se complementou cunha serie de talleres para todos os niveis educativos: papiroflexia, experimentos, charlas, manualidades, nudos,….

Antes de pechar por vacacións, queremos deixarvos un amplo resume do noso traballo. Esperamos que vos goste esta visita guiada polo proxecto e agora so queda…..ir pensando sobre o que ímos traballar o vindeiro curso. Acéptanse ideas. Bo verán.

VISITA A NOSA WIX DO PROXECTO

Categorías: "Mergullámonos na Biblioteca", "Mergullámonos na Biblioteca", PFPP INTERCENTROS | Etiquetas: ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,, | Deixar un comentario

Poetizamos o colexio

O pasado 21 de Marzo celebrouse en todos os colexios o Día da Poesía. Este anos quixemos realizar unha actividade que non se ciñese exclusivamente a ese día, senon que quixemos que a poesía estivera presente ao londo de toda a semana e que nos acompañase o resto do trimestre. Propuxemos,conxuntamente co Equipo de Biblioteca, unha actividade de apadriñamento lector. Así, os alumnos de 6º a 3º de Primaria actuaron como padriños do resto de cursos, incluídos os nenos de Infantil. Cada padriño escolleu un poema  axeitado para a idade do seu afillado coa axuda dos seus titores entre unha escolma de libros de poemas mercados pola biblioteca para esta actividade ou ben, doutros libros propostos polos titores e alumnos. Nunha folla tiñan que ter copiado o poema ou parte del (dependendo da idade do afillado este podería copiar unha estrofa, verso, palabra ou engadir letras a palabras) previa a lectura. No recreo da mañá, cada apadriñado tiña que ler ao seu afillado o seu poema onde quixera(nos corredores, no patio, nunha aula, nas escaleiras,…) para, de seguido, completalo e ilustralo.
Unha vez rematados os poemas, pasamos a expoñelos nas paredes das escaleiras do centro para que todo o mundo puidera gozar das creacións dos padriños e afillados.

Clicade na imaxe para acceder a montaxe da actividade

IMG_20150318_140805

Categorías: O Legún da Poesía | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Paula recomenda

50_639244_0x0_izda

Nesta ocasión, Paula de 4º, recomendounos o libro de titulado Antonio García Teijeiro “Un rato díxolle a lúa” onde poderedes atopar «simpáticos, fermosos, divertidos, sensibles, punzantes, libres, salgados, máxicos, outonizos, perennes» poemas que  transmiten emoción, beleza e solidariedade.

Ilustrada por Xosé Cobas e musicada por Paco Ibáñez (nun CD que se acompaña), este libro recolle a poesía chea de luz e musicalidade deste autor.

Categorías: Kontacontos, Recomendacións lectoras | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

GLORIA FUERTES EN GALEGO

Este ano na aula de PT, está de moda a poesía… Primeiro tocoulle o turno a Rosalía de Castro, e agora a Gloria Fuertes. Aquí tedes un video que resume un pouquiño o noso traballo, que foi moito!.

Aínda que Gloria Fuertes non escribía en galego, nós fixemos unha tradución do seu poema “La pata mete la pata”, e así, poder traballar no noso idioma.

Desexamos que vos guste!

Categorías: O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Inés recomenda…

XG00156001

 

Inés, de 3º, recomendanos un libro de poemas titulado “O meu gato é un poeta” no que o seu autor, Fran Alonso, pretende introducir aos nenos no mundo da poesía dun xeito lúdico e divertido.

Deixámosvos unha ficha de lectura elaborada polo CPI O Rosal

inés from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: Kontacontos | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Olivia recomenda

imagen

Nesta ocasión, Olivia de 6º, recoméndanos Poetízate de Fran Alonso.

A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate.

OLIVIA from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: Kontacontos | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.