Este curso fomos seleccionados entre outros centros da comunidade para participar no programa Educación Responsable da Fundación Botín. Este programa, desenvolvido en colaboración coa Consellería de Educación, favorece o crecemento físico, emocional, intelectual e social das persoas, promove a comunicación e mellora a convivencia nos centros escolares a partir do traballo con docentes, alumnado e familias.
A decisión de mergullarnos nesta nova aventura xurdíu da reflexión que moitas veces nos facemos os docentes… Que clase de educación queremos? Que lle podemos ofrecer aos nosos rapaces ademáis de coñecementos? Que é fundamental para o éxito? Os contidos ou as emocións? Como podemos xestionar as nosas propias emocións para ser quen de guiar aos nenos e nenas no coñecemento das súas propias emocións?
Esperamos sinceramente que o traballo que imos iniciar nos permita ofrecer una educación que promova o crecemento saúdable dos nenos e nenas, potenciando o seu talento e creatividade para que sexan autónomos, competentes, solidadrios e felices e,que nos permita crecer a nós persoal e profesionalmente.
Clicade na imaxe para coñecer un pouco máis este programa.