Artigos coa etiqueta: PFPP INTERCENTROS

PDI:Mergullándonnos na biblioteca

Ao longo do curso 2018-2019 no marco do Plan de Formación do Profesorado realizamos un novo  proxecto documental integrado de xeito colaborativo entre os centros CEIP Nosa Señora das Dores e CEIP Soutelo de Montes sendo o centro de interese os mares e océanos, no que a biblioteca foi o eixe vertebrador, proporcionando ademais dos recursos documentais, os espazos e recursos persoais dispoñibles.

A temática traballada foi moi variada e ampla intentando que o traballo se coordinara e complementara de xeito dinámico para facer unha exposición atractiva, didáctica e interactiva.

CEIP Soutelo de Montes

Infantil: os Océanos

1º/2º de Primaria: A vida submariña

3º/4º de Primaria: Naufraxios

5º/6º de Primaria: As romarías

CEIP Nosa Señora das Dores

Infantil: Arte do mar

1º de Primaria: Lendas mariñas e seres mitolóxicos

2º de Primaria: Os sons do mar

3º de Primaria: Animalario mariño

4º de Primaria:Os corais

5º de Primaria: Historia da navegación

6º de Primaria: Os Océanos

Asemade, a visita a exposicón se complementou cunha serie de talleres para todos os niveis educativos: papiroflexia, experimentos, charlas, manualidades, nudos,….

Antes de pechar por vacacións, queremos deixarvos un amplo resume do noso traballo. Esperamos que vos goste esta visita guiada polo proxecto e agora so queda…..ir pensando sobre o que ímos traballar o vindeiro curso. Acéptanse ideas. Bo verán.

VISITA A NOSA WIX DO PROXECTO

Categorías: "Mergullámonos na Biblioteca", "Mergullámonos na Biblioteca", PFPP INTERCENTROS | Etiquetas: ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,, | Deixar un comentario

Entrega premios PFPP

Hoxe recibimos da man da Conselleira de Educación Carmen Pomar os premios dos Plans de Formación Permanente do Profesorado 2017-2018 polo noso proxecto conxunto cos centros de Soutelo e Cerdedo.

 

Como ben sabedes, o proxecto do curso pasado que realizamos xunto co CEIP Nosa Señora das Dores e o CEIP San Xoán Bautista, recibiu dos premios.

Pois chegou a hora de recollelos e así o fixeron os directores dos tres centros e a coordinadora do Proxecto

Deixámosvos o enlace da noticia que publicou o Faro de Vigo. Para nós é un orgullo recibir estes dous premios e queremos  volver a dar as grazas ao alumnado e ás familias polo seu esforzo e adicación.

Categorías: Premios PFPP | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

EXPOSICIÓN “MUSEO DO MAR”

Non te esquezas! Agardámoste!

 

Categorías: "Mergullámonos na Biblioteca", "Mergullámonos na Biblioteca" | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Excursión ao museo do mar 2

Hoxe descubrimos os fondos submariños e viaxamos a través do tempo para coñecer como o ser humano conseguiu conquistar o medio acuático. Sorprendente a nosa capacidade para poder desenvolvernos nun medio tan diferente ao noso.

La imagen puede contener: 3 personas

La imagen puede contener: 1 persona

La imagen puede contener: 1 persona, sentado

Categorías: "Mergullámonos na Biblioteca", "Mergullámonos na Biblioteca" | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Excursión ao museo do mar 1

Como puidéstedes ver, esta mañá saímos do colexio para visitar o Museo do Mar en Vigo e coñecer un chisquiño o mundo do mar, sobre todo a utilidade dos faros no mundo marítimo. A que non sabiades que nas entradas da ría hai faros de cores?

 

La imagen puede contener: 1 persona, niños, bebida e interior

 

La imagen puede contener: 3 personas

 

La imagen puede contener: 15 personas, personas sonriendo, personas de pie y calzado

 

La imagen puede contener: 18 personas, personas sonriendo, personas de pie

Categorías: "Mergullámonos na Biblioteca" | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Xornada de Portas Abertas

ATENCIÓN, ATENCIÓN!!!!

Categorías: Novas de interese | Etiquetas: , | Deixar un comentario

O Conto da Muiñeira de Chantada

A nosa adaptación do conto da Muiñeira de Chantada….

Categorías: PFPP INTERCENTROS | Etiquetas: ,,,, | 2 Comentarios

Blog en WordPress.com.