Artigos coa etiqueta: Percusión

𝓒𝓐𝓝𝓣𝓞𝓢 𝓓𝓔 𝓐𝓝𝓘𝓝𝓞𝓥𝓞

⏱🎉🥂A poucas horas do fin de ano, resultaba habitual que os 𝒃𝒂𝒏𝒅𝒊𝒏̃𝒐𝒔 ou 𝓬𝓾𝓪𝓭𝓻𝓲𝓵𝓵𝓪𝓼 de mozos e mozas comezaran a percorrer as vilas e aldeas cos seus cantos acompañados dun gaiteiro ademais das percusións co bombo, tamboril e os denominados instrumentos humildes, cunchas, tarrañolas, piñas, e calquera dos que se poden atopar facilmente nas casas de aldea.(Cantos de Nadal, Aninovo e Reis. A.C.F. O Fiadeiro)

🎊🎶O noso bandiño de 𝟱º 𝗱𝗲 𝗣𝗿𝗶𝗺𝗮𝗿𝗶𝗮 xa ten a súa percusión preparada para festexar, troulear e brindar polo que foi e polo que será cheos de esperanza e ilusión.🎆

Despedida de ano vello

entradiña daninovo

os señores desta casa

os conten con moito gozo!

Viva!, berran os gaiteiros,

que viñeron a tocar,

ó Neno, recén nacido,

entre as pallas dun portal.

Ano de festas que naces!

o pasado xa pasou!

A primaveira enverdece

o xardin que se marchou!

Ano novo, vida nova!

ano novo, qué traerás?

o vello sospiros leva,

o novo xa os traerá.

(Despedida de ano vello: Fuxan Os Ventos)

🅵🅴🅻🅸🆉 🅰🅽🅸🅽🅾🆅🅾

Categorías: Retazos do festival de Nadal | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.