Artigos coa etiqueta: Paz

De que cor son os bicos?

Como remate da Semana da Paz 2015 organizada polo Equipo de Biblioteca, os alumnos de 4 e  anos, da man da súa mestra Cruz, adaptaron en galego o conto de ELISENDA QUERALT titulado Mamá, ¿De qué color son los besos?, un fermoso conto ilustrado no que unha nai lle explica ao seu fillo que os bicos poden ser de moitas cores, laranxas porque están cargadiños de vitaminas;amarelos coma o sol;verdes como a música… Se queredes descubrir as súas cores, non deixedes de ver esta adaptación que fixo as delicias de maiores e pequenos arrancandonos moitos sorrisos.

Advertisements
Categorías: Día da Paz | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Recursos para o Día Escolar da Non Violencia e a Paz

E así, da man, gocemos do pracer de atopar este lugar de soño onde reina a …. PAZ.

2014-01-28_2157

Categorías: Día da Paz | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

A nena que non deixaban ser feliz

verkami_f68842cccdc4104f77f912e2aefc000e 

A nena que non deixaban ser feliz, de Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso, segundo libro dos autores de O cullarapo croque que constituíu a primeira iniciativa de libro en galego a través de VERKAMI. Tivo unha marabillosa acollida entre lectores e crítica, sendo un dos libros máis vendidos en lingua galega na fería do libro de Vigo 2012.

 

 O crowdfunding é unha forma directa de financiar proxectos coa suma de achegas individuais. En verkami  os creadores independentes poden buscar financiamento para materializar as súas ideas. O seu público, convertido en mecenas, recibe recompensas exclusivas a cambio das súas achegas.

En verkami os creadores manteñen todos os dereitos sobre as súas obras, e ofrecen aos mecenas que lles axudan a financiar os seus proxectos recompensas en forma de creacións e produtos exclusivos, experiencias únicas, edicións limitadas, merchandising, acceso a descargas.

 

Se queres mercalo e facer realidade este proxecto preme nesta ligazón:

http://www.verkami.com/projects/4030-a-nena-a-que-non-deixaban-ser-feliz

 

Categorías: Día da Paz | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.