Chegou o día máis esperado do Nadal, o día da reunión familiar, do intercambio de agasallos, da ilusión e dos desexos cumpridos….Chegou o D͓̽í͓̽a͓̽ ͓̽d͓̽e͓̽ ͓̽R͓̽e͓̽i͓̽s͓̽
Antes de desmontar a árbore e o belén , de gardar os adornos queremos agasallarvos cunha pequena sorpresa que atopamos no noso particular Rosco de Rei; unha peza que prepararon os rapaces e rapazas de 1º e 2º de Primaria para recordarnos o porqué do Nadal.
Esperamos que, igual ca eles, gozásedes destas datas en familia e con saúde. Que o espíritu do Nadal vos acompañe ao longo deste ano!
Mais aló do escintileo das luces das rúas e do espírito consumista que nos poida posuír , os 𝓬𝓪𝓷𝓽𝓪𝓻𝓮𝓼 𝓭𝓮 𝓻𝓮𝓲𝓼 ou 𝒂𝒈𝒖𝒊𝒏𝒂𝒍𝒅𝒐𝒔 conseguen espertar en todos nós a ilusión do neno que levamos no noso interior.
Como marca a tradición, a véspera de reis os “𝐫𝐞𝐬𝐞𝐢𝐫𝐨𝐬” reúnense novamente para cantar e bailar polas rúas pedindo sempre permiso ou licenza para cantar nas casas.
“De lonxe viñemos
os que aquí chegamos,
se nos dan licenza
os Reises cantamos.
Os Reises cantamos pedindo aguinaldo
chourizas, touciño pra face-lo caldo.
Pra face-lo caldo, pra face-lo caldo,
chourizas, touciño pedindo o aguinaldo.”
Os cantos adoitan rematar cunha estrofa de loubanza ós da casa onde se cantaba en caso de obte-lo aguinaldo desexado. Pero tende moito coidado porque, en caso contrario, farase saber ós veciños quen estaba menos disposto a comparti-los seus alimentos.
“Cantámosche os Reises
do quiquiriquí
se non nos das nada
caghámosche aquí.”
A troula non remata aquí xa que stades convidados a danzar ao son dunha xota ou unha muiñeira.
Ide preparando o aguinaldo porque uns reseiros moi especiais están a piques de chamar ás vosas portas
Do mesmo xeito que non podemos pensar nunha noite de Aninovo sen uvas e festa, non podemos concibir un inicio de ano sen o tradicional concerto de Aninovo.
Os nosos músicos xa teñen os instrumentos perfectamente afinados a pesares de levar xa uns días de troula e os nervios xa empezan a aflorar. Pero antes de comezar, un par de curiosidades sobre este gran espectáculo musical…….
O tradicional concerto celébrase sempre no mesmo lugar, na Sᴀʟᴀ Dᴏᴜʀᴀᴅᴀ da 𝐌𝐮𝐬𝐢𝐤𝐯𝐞𝐫𝐞𝐢𝐧 𝐝𝐞 𝐕𝐢𝐞𝐧𝐚 , Austria, e somente é interpretado pola Orquestra Filarmónica de Viena, unha das mellores orquestras do mundo onde é bastante difícil entrar.
Ademais de celebrarse o día de 𝑨𝒏𝒊𝒏𝒐𝒗𝒐 interprétase tamén o mesmo programa (o establecido ese ano, enténdese) o de decembro (día en que se celebra o ‘ensaio xeral’) e o de decembro nun acto chamado 𝓒𝓸𝓷𝓬𝓮𝓻𝓽𝓸 𝓭𝓮 𝓢𝓪𝓷 𝓢𝓲𝓵𝓿𝓮𝓼𝓽𝓻𝓮 (Sylvesterkonzert).
Celebrouse por primeira vez en 𝟏𝟗𝟑𝟗 e foi dirixido por 𝑪𝒍𝒆𝒎𝒆𝒏𝒔 𝑲𝒓𝒂𝒖𝒔𝒔 . Ese ano só se interpretaron obras de 𝑱𝒐𝒉𝒂𝒏 𝑺𝒕𝒓𝒂𝒖𝒔𝒔(fillo). O seguinte celebraríase en 𝟏𝟗𝟒𝟏 e no ano 1945 veríase interrompido pola II Guerra Mundial. En 1958, o director Willi Boskovsky introduciu a tradición de acabar o concerto co 𝘿𝙖𝙣𝙪𝙗𝙞𝙤 𝘼𝙯𝙪𝙡 e a 𝓜𝓪𝓻𝓬𝓱𝓪 𝓡𝓪𝓭𝓮𝓽𝔃𝓴𝔂.
Johann Strauss pai compuxo a moi famosa Marcha Radetzky en honra dun xeneral austriaco que, a mediados do século XIX, machucou sen piedade aos revolucionarios do norte de Italia. Pero isto non supuxo un obstáculo para que todos os días 1 𝓭𝓮 𝔁𝓪𝓷𝓮𝓲𝓻𝓸 a Marcha Radetzky suscite sentimentos de 𝕝𝕖𝕕𝕚𝕔𝕚𝕒, 𝘦𝘴𝘱𝘦𝘳𝘢𝘯𝘻𝘢 no futuro e 𝗀𝖺𝗇𝖺𝗌 𝖽𝖾 𝗏𝗂𝗏𝗂𝗋 en centos de millóns de persoas que seguen o concerto de Aninovo desde 𝟱𝟰 países.
SEÑORAS E SEÑORES, O CONCERTO ESTÁ A PIQUES DE COMEZAR…TOMEN ASENTO E GOCEN COA MÚSICA.
A poucas horas do fin de ano, resultaba habitual que os 𝒃𝒂𝒏𝒅𝒊𝒏̃𝒐𝒔 ou 𝓬𝓾𝓪𝓭𝓻𝓲𝓵𝓵𝓪𝓼 de mozos e mozas comezaran a percorrer as vilas e aldeas cos seus cantos acompañados dun gaiteiro ademais das percusións co bombo, tamboril e os denominados instrumentos humildes, cunchas, tarrañolas, piñas, e calquera dos que se poden atopar facilmente nas casas de aldea.(Cantos de Nadal, Aninovo e Reis. A.C.F. O Fiadeiro)
O noso bandiño de 𝟱º 𝗱𝗲 𝗣𝗿𝗶𝗺𝗮𝗿𝗶𝗮 xa ten a súa percusión preparada para festexar, troulear e brindar polo que foi e polo que será cheos de esperanza e ilusión.
O día de Nadal os mozos e mozas continuaban cos seus cantos porta a porta pedindo o aguinaldo e invitando aos da casa a bailar ao son dunha muiñeira ou xota.
Tende coidado co aguinaldo pois de non seren do seu gusto rapidamente unha copla de escarnio ides recibir.
Houbo un tempo en que foi tradición habitual nas nosas parroquias ir cantar polas casas nestas festas de Nadal. Grupos de mozas e de mozos percorrían a aldea ou parroquia cantando panxoliñas, cantos de Nadal e cantares de Reis, todas elas fermosas pezas de literatura popular que foron transmitidas oralmente ó longo dos séculos.
O día de hoxe, Noite Boa, á saída da Misa do Galo, os mozos percorrían a aldea cantando “panxoliñas” ou “nadais” e, a cambio do seu cantar, a mocidade solicitaba o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou foliada. (Blog:A sombra de Bouza Panda)
Os alumnos e alumnas do CEIP Nosa Señora das Dores teñen ganas de troula e de continuar coa tradición, asi que tende preparado o aguinaldo porque esto promete.
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
Esta é a páxina do equipo de Normalización Lingüística do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei. Dende aquí queremos mostrarvos o noso traballo, e todo o que teña que ver coa nosa lingua.Escollemos o nome de Arxineando pois queremos facer unha homenaxe a unha das profesións que levaron o nome do noso concello polo mundo adiante, os Arxinas ou canteiros.Esperamos que disfrutedes co noso traballo e recordade...Badulemos Gallufo!
Recursos para o Samaín
Recursos para o Día da Paz
Recursos para o Entroido
Audiovisuais en galego
Coordinadora Galega de equipos de Normalización e Dinamización Lingüística