Artigos coa etiqueta: outono

Saboreando o Outono

Como remate do traballo ” Saboreando o outono”, (traballo proposto polo Equipo de Biblioteca e o de Normalización) realizado ao longo destas últimas semanas, organizamos unha sesión de degustación dos froitos do Outono sobre os que se realizou o proxecto de investigación. Houbo pasteis de cabaza,, mazà,noces, marmelo con queixo, compota de mazà, pan de figos e millo ,noces, pipas de cabaza, uvas, granada….Menuda enchenta!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A exposición dos traballos realizados nas aulas estará exposta durante esta semana no salón de actos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Categorías: Saboreando o Outono | Etiquetas: ,,,,,,, | Deixar un comentario

OUTONO MICOLÓXICO

OUTONO: ÉPOCA DE COGUMELOS : O 21 de setembro empezou o outono. Esta estación caracterízase pola caída das follas das árbores, a emigración dalgunhas aves, a menor duración dos días, soutar as castañas, a vendima… e os cogumelos.

Mañá imos celebrar no colexio as 1º Xornadas de Micoloxía. Para iso imos contar coa presencia dun experto en cogumelos que nos vai a ensinar a distinguir os  comestibles dos tóxicos para que podamos ir ao monte a recoller setas con máis tranquilidade. Pero recordade que necesitamos da vosa axuda. Hoxe saíu un día perfecto para recoller distintos tipos de cogumelos. Cunha cestiña e a axuda dos vosas familias seguro que mañá temos unha morea de cogumelos.

Mans a obra, rapaces!

Pero se queremos preparar algo sobre os cogumelos, aquí vos deixo un powerpoint moi interesante. Seguro que despois de velo, temos moito que ensinarlle nós tameń ao noso invitado.

Video sobre os cogumelos en Galicia

Categorías: O máis xido dos arxinas, Xornadas de Micoloxía | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

A CASTAÑA QUE REVENTOU DE RISA

Conto moi divertido do CEE de Terra de Ferrol para traballar co outono ou o Magosto.

Categorías: O Magosto | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.