Artigos coa etiqueta: OQO

Semana do medo: A figueira de Pelostortos

Dende este mércores 23 ata o mércores 30, a biblioteca do centro está a organizar unha semana de relatos de medo. De forma voluntaria, os mestres e rapaces prepararon unha serie de contos e relatos relacionados co Samaín para amenizar o tempo do recreo .

Este venres, os rapaces e rapazas de 5º léronnos un dos contos que se atopan na exposición de libros que o Equipo de Biblioteca realizou para entreternos estes días chuviosos durante as horas de lecer no cole. “A figueira de Pelostortos” da Editorial OQO e escrito por Ana Gª Castellanos  tívonos en suspense ata o final.

A posta en escena foi increíble, sobre todo os efectos especiais ! Parabéns a todos!

pizap.com13827387440761

Categorías: Samaín | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Gañadores de Nós tamén creamos 2013

Xa hai gañadores!!! Parabéns a tod@s os gañadores

e a tod@s os que participaron nesta edición!

ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACION INFANTIL

CEIP Víctor López Seoane “A Escaleira”
Pantallazo
ALUMNADO DO PRIMEIRO CICLO DE EDUCACION PRIMARIA

CEIP A Lama “A Escaleira”

Pantallazo-1

ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACION PRIMARIA

CEIP de Merza “Troco”

Pantallazo-2
CEIP de Leirado “Ernesto Bo Día”

Pantallazo-4

A gran calidade dos traballos presentados motivou que a comisión de valoración acordase realizar mencións especiais en cada categoría:

ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL
A noite das mudanzas, CEIP Bergantiños, Carballo, A Coruña. Pola expresividade e espontaneidade lingüística e mais pola composición estética.

Pantallazo-5

Pilú Pilú, CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, Ferrol, A Coruña. Pola adaptación musical e a orixinalidade plástica.

Pantallazo-6
ALUMNADO DO PRIMEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
A escaleira, CPI Cabo da Area, Laxe, A Coruña. Pola adaptación da obra orixinal.

Pantallazo-7
ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Ernesto Bo Día, CEE Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. Pola calidade plástica e estética

Pantallazo-8

imagenespremiosescolares4E non queremos esquecer premiar aos rapaces de 5 anos do noso centro  polo seu magnífico corto Pilú Pilú. Noraboa!!!1

Pantallazo-9

Categorías: Novas de interese | Etiquetas: ,,,,,, | Deixar un comentario

Contos do camiño I

PACKAGING_2_Dbook extralargo 3C2B_OQO-TVG_TRZ

Todos coñecedes A bruxa regañadentes ou Corre, corre Cabaciña. Pero que vos parece poder ver estes contos nun filme? A que sería divertido?

Pois a editorial OQO, atendendo as inquedanzas de pais e mestres para que novos materiais se  incorporen a cultura audiovisual de calidade, e en galego, ás aulas,  acaba de editar nove dos seus relatos máis coñecidos para ser gozados en formato audiovisual pois consideran que é ” un dos formatos actuais máis populares para a transmisión de contos”.

interior_DVDs_OS_CONTOS_DO_CAMIÑO_I

Os contos do camiño I ofrece unha calidade avalada por premios e candidaturas en festivais internacionais especializados como o Brasil Stop Motion, o Festival Internacional de animación de Annecy (Francia), o Festival Zlin (República Checa), o Festival de televisión infantil de Barcelona ou o Japan Prize 2012, co que a televisión pública xaponesa NHK recoñece os mellores produtos audiovisuais educativos do mundo.

Nesta nova publicación atoparedes os títulos máis coñecidos da editorial OQO.

A bruxa regañadentes

A cousa que máis doe do mundo

A grande viaxe

A pota que trota                                                                               DVDs_OS_CONTOS_DO_CAMIÑO_I

A tartaruga que quería durmir

Corre corre, cabaciña

Pedra, Pau e Palla

Rato Tom e rata Tomasa

Un gato na árbore

Bo cine de animación que toda a familia desexará ver.

Categorías: Recomendacións lectoras | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

A bruxa regañadentes

O samaín está preto.

Imos ir preparando a nosa festa con este filme producido pola editorial OQO baseado na súa publicación A bruxa regañadentes.

Categorías: Samaín | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.