Artigos coa etiqueta: Nadal

Guías de lectura Nadal 2014

Chegado o Nadal, as bibliotecas escolares dos centros educativos da comarca de Terra de Montes, unímonos para elaborar estas guías de recomendacións lectoras. Con elas pretendemos que este período vacacional a lectura forme parte do tempo libre converténdose nun hábito máis de ocio.Agardamos que as nosas recomendacións sexan do agrado dos cativos. Clicade na imaxe para ver as guías no blogue da biblioteca.

guía_2

Advertisements
Categorías: Nadal, Recomendacións lectoras | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Visita sorpresa!!

Hoxe recibimos unha visita sorpresa para ledicia de todos, nenos e mestres. A pesares de que nestas datas está moi atarefado,Papa Noel compartiu un ratiño do seu preciado tempo connosco. Que emoción!!!!

Categorías: Nadal | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Guía de lecturas para o Nadal

Se aínda non rematáchedes a carta para os Reis ou Papa Noel, non esquezades incluir un libro. Aquí vos deixamos esta escolma de lecturas que seleccionaron os mestres do cole pensando nos rapaces dos seus cursos. Esperamos que vos gusten. Xa nos contaredes!

Clicade na imaxe.
2013-12-16_2208

Categorías: Nadal, Recomendacións lectoras | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Retazos do festival de Nadal

134

Xa están a rematar as vacacións e, da man dos rapaces de Terceiro, imos recordar o ben que o pasamos coas actuacións que todo o cole preparou para o festival de Nadal.

cun sombreiro from María Abilleira Pomar on Vimeo.

guirnaldas2

os valores esquecidos from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: Retazos do festival de Nadal | Etiquetas: | Deixar un comentario

Contos para o Nadal

Para estes días fríos que están por chegar de seguro que cada quen ten xa elexido algún libro para disfrutar dun rato de lecer sentado no sofá cunha cunca de chocolate quente.Por se aínda non tendes moi claro que libro ides comezar a ler, o Equipo de Normalización escolleu algúns entre as recomendacións feitas dende a Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia.  Clicade na imaxe e disfrutade lendo!!!

Pantallazo-2

Categorías: Recomendacións lectoras | Etiquetas: , | Deixar un comentario

A árbore dos Desexos

13As nenas e os nenos da aula de Pedagoxía Terapéutica decidimos decorar a nosa árbore de Nadal con adornos que fixemos nós soliños, bolas, campanas e a estrela! Logo puxémoslle as luces… e a brilar! Cremos que nos quedou xenial! Ti que pensas?

Tamén quixemos desexarlle a todas e a todos Bo Nadal e para eso utilizamos as letras magnéticas que temos na aula. Entón pensamos… por qué non convertila nunha árbore dos desexos? E así o fixemos.

Recortamos unhas caixiñas de regalo de distintas cores e deixámolas ó seu carón xunto cuns rotuladores eo celo, para que todos os nenos e nenas do cole, cando pasaran diante, poideran pegar o seu desexo se querían, e resultou que a maioría participaron e pediron un montón de cousas! Ata os máis pequeniños e os profes!

Nós, só esperamos que se cumpran todos esos desexos e que teñades un Bo Nadal. Para felicitarvos as festas deixamos aquí este video que nos gifs animados arboles,tree christmas (5)axudaron a facer os profes do Departamento de Normalización, Javier, María, Celso, Begoña e Patricia, porque claro… os vídeos aínda non sabemos facelos nós soliños! Pero seguro, que logo aprenderemos!

BO NADAL!

a árbore dos desexos from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: Nadal, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.