OUTONO: ÉPOCA DE COGUMELOS : O 21 de setembro empezou o outono. Esta estación caracterízase pola caída das follas das árbores, a emigración dalgunhas aves, a menor duración dos días, soutar as castañas, a vendima… e os cogumelos.
Mañá imos celebrar no colexio as 1º Xornadas de Micoloxía. Para iso imos contar coa presencia dun experto en cogumelos que nos vai a ensinar a distinguir os comestibles dos tóxicos para que podamos ir ao monte a recoller setas con máis tranquilidade. Pero recordade que necesitamos da vosa axuda. Hoxe saíu un día perfecto para recoller distintos tipos de cogumelos. Cunha cestiña e a axuda dos vosas familias seguro que mañá temos unha morea de cogumelos.
Mans a obra, rapaces!
Pero se queremos preparar algo sobre os cogumelos, aquí vos deixo un powerpoint moi interesante. Seguro que despois de velo, temos moito que ensinarlle nós tameń ao noso invitado.
Video sobre os cogumelos en Galicia