Artigos coa etiqueta: medos

Eu tamén teño medo

“Fiz non era coma os outros nenos: Fiz era o neno máis medorento do mundo”!
Así comeza o conto de Fina Casalderrei “Fiz, o coleccionista de medos”, unha historia para favorecer a expresión de sentimentos, sacando partido do que, en principio, podería parecer unha limitación ou unha barreira para o día a día e que serve de punto de partida para a actividade de Samaín 2019.
Non só os nenos teñen medo…todos temos medo dalgunha cousa por irracional que sexa. O que non podemos facer é deixar que os medos nos dominen como lle pasaba ao protagonista da historia. A través deste relato @s cativ@s poden descubrir que canto máis nos riamos dos nosos medos , canto máis nos enfrentemos a eles máis pequenos se volverán. Queredes saber como se enfrontou Fiz aos seus medos?

FASE 1:
Dende Educación Responsable, coa colaboración do Equipo de Normalización e Biblioteca quixemos traballar o autocontrol e a contención traballando de xeito dinámico a xestión do medo a partir da visualización deste curto. Previa a visualización da curta, iniciamos unha reflexión conxunta sobre as situacións nas que solemos ter medo para darnos conta de ter medo é algo que non só lles sucede aos nenos/as pequenos senon que todos incluídos os adultos pasamos medo. O importante é que facemos para superalos.
FASE 2:
Después da visualización, fixémoslles as seguintes preguntas:
Que facía Fiz cada vez que algo lle daba medo? Conseguía vencer ós seus medos? Que solución buscou? Foi efectiva? Por que?
FASE 3:
Finalmente trasladamos o debate á aula para que nas clases partindo destas dúas cuestións:
Como afronta os medos? Que farías ti?
FASE 4:
Como fixo Fiz, cada alumno gardou nun cofre o seu medo e entre todos elaboramos dous murais que representan os medos de Forcarei e o noso propósito de enfrontarnos a eles.

Categorías: Educación Responsable, O máis xido dos arxinas, Samaín | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Fiz, o coleccionista de medos

fizFiz non era como os demais nenos:
era o neno máis medorento do mundo
– Meu rei, Como es tan medorento?
Se coleccionases todos os medos que tes,
serías o campión do mundo!

As veces os rapaces teñen medos irracionais para os maiores. A eles non lles serve que lles digamos que os ogros non existen e que desaparecen se pechamos os ollos. Temos que ensinarlles que a mellor maneira de que desaparezan é enfrentarnos ós nosos medos como fixo Fiz.

Categorías: Recomendacións lectoras, Samaín | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.