Artigos coa etiqueta: medo

O Grito

Durante a semana de Samaín, os rapaces e rapazas de 2º de Primaria traballaron co cadro de Edvard Munch“O Grito” a raíz da proposta de Normalización de traballar o sentimento do medo, para reflexar os sentimentos dende a área de Plástica.

O primeiro que fixeron foi ver o cadro do artista para, de seguido, debatir sobre as seguintes preguntas:

 

-Que sentimento representa? Por que?

-Que sentimento che provoca?

(Non se lles comentou o título para que a interpretación fose o menos guiada posible)

-Que fai que sintas ese sentimento?

 

 

Logo lemos un breve resumo sobre o autor e a súa historia e o significado do cadro, comentando os sentimento que tiña o autor cando o pintou. Para rematar cada neno tentou reproducir a cara do cadro do artista nunha plantilla dada.
Completamos a actividade pegando o nome e título do autor e, pola parte de atrás da cartolina, o resumo da vida do autor.
Categorías: Educación Responsable | Etiquetas: ,,,,,,,,, | Deixar un comentario

Semana do medo: A figueira de Pelostortos

Dende este mércores 23 ata o mércores 30, a biblioteca do centro está a organizar unha semana de relatos de medo. De forma voluntaria, os mestres e rapaces prepararon unha serie de contos e relatos relacionados co Samaín para amenizar o tempo do recreo .

Este venres, os rapaces e rapazas de 5º léronnos un dos contos que se atopan na exposición de libros que o Equipo de Biblioteca realizou para entreternos estes días chuviosos durante as horas de lecer no cole. “A figueira de Pelostortos” da Editorial OQO e escrito por Ana Gª Castellanos  tívonos en suspense ata o final.

A posta en escena foi increíble, sobre todo os efectos especiais ! Parabéns a todos!

pizap.com13827387440761

Categorías: Samaín | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

SEMANA DE MEDO NA BIBLIOTECA

O Samaín está a piques de chegar cargadiño de bruxas, momias, vampiros, pantasmas e demais criaturas tenebrosas.

Se queredes pasar uns recreos arrepiantes, esperámosvos na Biblioteca, pois o Equipo de Normalización e o de Biblioteca, coa colaboración dos mestres e rapaces do centro, tennos preparada unha escolma de relatos relacionados coa festividade de Samaín que nos van por os pelos de punta.

2013-10-23_0040

Categorías: Samaín | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.