Artigos coa etiqueta: Magosto

Magosto 2014

Hoxe o tempo dounos un respiro e puidemos celebrar a noso Magosto. Como nos tardaba! Ademais das castañas, este ano a festa contou cunha serie de xogos tradicionais preparados polo Equipo de Extraescolares e coordinados polos alumnos de 6º de Primaria, como os bolos celtas, os rulos, a chave e a petanca. Pasámolo estupendamente! Non hai mais que mirar estas imaxes.

pizap.com14162662876701                  pizap.com14162661928451

 

pizap.com14162663691091

pizap.com14162669756091          pizap.com14162671842381

Advertisements
Categorías: O Magosto | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

MAGOSTO 2013

O pasado venres celebramos no cole a festa por excelencia do mes de novembro: O MAGOSTO. E que ben o pasamos gracias ao profe Javi que nos preparou  castañas e ao profe Toño por organizar os xogos e animar a festa!

Antigamente o Magosto acababa con baile e xogos pero o día foi tan frío que comezamos cunhas carreiriñas para ir quentando e facendo sitio para as castañas. O que si recuperamos para o final foi o xogo tradicional de mancharnos a cara coa borralla da fogueira. Pero  mellor unhas imaxes para ilustrar estas palabras. Disfrutade!

Categorías: O Magosto | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

A Romancha das Corubelas do Richiváu 2012

A castaña ou Corubela do Richiváu (no verbo dos Arxinas) é un dos alimentos mais antigos da Humanidade.Ate fai poucos anos, era alimento base da poboación en forma de fruto fresco, seco, sen as súas peles, ou moída en fariña. Pero cando viñeron as patacas e o millo de América, pouco a pouco foi desaparecendo da nosa dieta.
As castañas prodúcense en Outono e no momento exacto de probar a chumieira (viño) nova, producido en setembro, asi como nos días en que se acompaña o cocho sacrificado, como regulamento, no dia de “San Martiño”, o dia 11 de novembro.
O Magosto prepárase con certa antelación, deséxase unha tarde soleada, os grupos pónense de acordo para coñecer ó que aportará cadaquén fundamentalmente castañas e viño novo (aínda que nalgúns lugares complétano con: chourizos, churrasco,…).Tamén esta celebración ten a súa hora, o Magosto tradicional enténdese como unha merenda-cea no mes de novembro nos días próximos ó día de defuntos ou polo San Martiño.
A festa non sería tal sen contar con xogos populares,xambrear (bailar), contar contos, gorear (cantar),…É común tiznarse a cara uns ós outros cos restos da fogata e saltala para que dea boa sorte.

Fonte do texto:Historia do Magosto do C.E.I.P. Baños de Molgas

Aínda que as cidades van crecendo e as tradicións vanse perdendo, o Magosto é unha das poucas que perdura nos nosos lares. E no noso colexio non íamos a ser menos.

OLLADE, OLLADE. MENUDA ROMANCHA!!!!!

magosto 2012 from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: O Magosto | Etiquetas: | Deixar un comentario

A CASTAÑA QUE REVENTOU DE RISA

Conto moi divertido do CEE de Terra de Ferrol para traballar co outono ou o Magosto.

Categorías: O Magosto | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Recursos para o Magosto

AQUÍ VOS DEIXAMOS MATERIAL PARA TRABALLAR NA AULA A FESTA DO MAGOSTO. ESPERAMOS QUE VOS SEXAN ÚTILES.

Ligazóns interesantes:

El Blog de Iris ofrécenos unha boa compilación de cantigas para o magosto.

El CEIP Frian de Teis ten unha recopilación de enlaces e actividades para celebrar o magosto.

 O CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos tamén ten unha compilación de enlaces e actividades para celebrar o magosto.

La web de la Biblioteca de Mestres de Golar recolle varios enlaces a recursos sobre o magosto e o outono que nos poden ser de moita utilidade.

Unidades didácticas
Historia del magosto, en word, para trabajar en el aula O magosto

A castaña. Unidad didáctica elaborada por el equipo de Normalización Lingüística del IES Monte Carrasco de Cangas.

Unidad Didáctica elaborada por las maestras de 1ª Ciclo del CEIP Santa Vedruna de Vigo.

La revista Raigame editada por la Diputación Ourensana en el nº18 tiene mucha documentación sobre la fiesta del magosto (+70 páginas). en .pdf. Muy amplia.

O magosto na escola. Colectivo Ollo de Sapo. Unidad didáctica sobre el magosto de fácil aplicación en clase.

Cuento para trabajar en el aula “A castaña que rebentou de risa“. Está e .pdf comprimido 1 MB.

Otra versión del cuento “A castaña que rebentou de risa“. Está e .pdf.Muy chula.

Actividades interactivas

Actividades LIM para traballar o outono e o magosto lúdicamente.

Manualidades muy sencillas

Debuxos para realizar un libro sobre a castañeira, aportado polo foro educativo de Maestr@s Infantil y Primaria, o mellor de todo internet.
Deduxos para  conto.(627K) Froitos de outono(287K) Máis follas.(511K)
Categorías: O Magosto | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.