Memorias dun neno labrego foi, precisamente, o primeiro libro en galego que lin na miña vida alá polos anos setenta cando o galego comezaba a ser unha asignatura obligatoria nas escolas. Tivémolo que traducir do galego ao castelán e, a pesares do tedioso da tarefa pois moitas noites pasei ao carón dun diccionario, conseguiu engaiolarme a alma e , cada vez que escoito o seu título, éncheseme o corazón dunha tenrura infinita. Aquí vai a nosa homenaxe a Xosé Neiras Vilas da man deste lim creado polo colexio de Frián-Teis.Espero que gocedes del tanto como o fixen eu.
Artigos coa etiqueta: Lim
O tilde diacrítico
Unidade sobre a acentuación en galego. Neste quinto libro traballamos as palabras con acento diacrítico
MÁIS ACTIVIDADES INTERACTIVAS DE REFORZO:
ACENTO DIACRÍTICO (Necesario ter instalado Java no ordenador para visualizar esta actividade)
O TIL DIACRÍCO I
O TIL DIACRÍTICO III (Libro Lim)
Rosalía na aula de PT
Como xa sabedes estamos no ano de Rosalía de Castro e Andrea e Rocío están traballando coa súa biografía e a súa obra para coñecela un pouquiño máis. Nos queremos botarlles unha man e, para elo, creamos este lim que poden tamén empregar todos os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo.Xa vos ensinaremos o traballo final cando o rematen. Seguide atentos que están a argallar unha sorpresa!!!
Actividades para o Entroido
É tempo de esmorga.Imos disfrutar deste Entroido cunha serie de interesantes Lims. Gracias a todos os seus creadores por compartir o seu traballo.Clicade na imaxe para acceder aos lims recollidos no blogue ACTIVIDADES LIM e …….disfrutade!!!!!