Artigos coa etiqueta: libro colaborativo

A lenda da Loureiriña

Os máis cativos uníronse tamén á recopilación de contos, cantos e lendas que iniciamos este curso. Candela, de cinco anos, recolleu coa axuda da súa nai a lenda sobre unha ponte da nosa comarca, a Ponte do Crego. Aproveitando a hora da lectura, animouse a lerlla aos seus compañeiros de 4 e 3 anos, os cales disfrutaron moitísimo.

Advertisements
Categorías: Cantos, contos e outras músicas, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Cantos, contos e outras músicas

Levábamos xa uns anos dándolle voltas a idea de facer unha recopilación de contos, cantigas refráns e lendas da nosa bisbarra pero nunca atopábamos o momento. Despois do éxito do libro viaxeiro de Gloria Fuertes, decidimos que este era o momento.

O Equipo de Normalización é consciente de que a tradición oral da nosa terra estase a perder e con ela, parte importante da nosa identidade. Para que isto non siga así, propoxémoslles as familias un novo libro colaborativo no que, coa a súa axuda, os rapaces puideran recopilar o máximo de pezas posibles da nosa tradición para que no futuro os nosos cativos poidan ter acceso a todas estas manifestacións culturais que retratan dun xeito magnífico a nosa terra e a súa riqueza cultural.Asemade, pedímoslle a colaboración  do Equipo de Biblioteca para que incluira nas Mochilas Viaxeiras a nosa proposta.

DSC_0506

As mochilas partiron xa fai 15 días e xa temos algún traballo realizado como o de  Inés e Candela de 5º de Primaria que entrevistaron a Eladina Castro Martínez, unha muller de Guisande (San Miguel de Presqueiras) que, con 96 anos ,ten unha memoria prodixiosa. Darlle as gracias dende aquí a ela e a súa familia pola súa colaboración.

 

Categorías: Cantos, contos e outras músicas, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.