Artigos coa etiqueta: kontacontos

Paula recomenda

50_639244_0x0_izda

Nesta ocasión, Paula de 4º, recomendounos o libro de titulado Antonio García Teijeiro “Un rato díxolle a lúa” onde poderedes atopar «simpáticos, fermosos, divertidos, sensibles, punzantes, libres, salgados, máxicos, outonizos, perennes» poemas que  transmiten emoción, beleza e solidariedade.

Ilustrada por Xosé Cobas e musicada por Paco Ibáñez (nun CD que se acompaña), este libro recolle a poesía chea de luz e musicalidade deste autor.

Categorías: Kontacontos, Recomendacións lectoras | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Ana recomenda…

Ana, de 3º, presentounos esta semana a adaptación que realizou Iratxe López de Munáin para a Editotial OQO do conto dos irmáns GrimmRapuncel”.

9788498713701Dende 1812 a historia non variou: Con enorme pena, os pais tiveron que entregar a meniña, á que chamaron Rapuncel. Cando cumpriu doce anos, a meiga pechouna nunha torre, por medo a que marchase do seu carón. E alí viviu, vendo pasar os días, ata que un príncipe se fixou nela cando lanzaba as súas longas trenzas pola ventá, e namorouse perdidamente…

Pero, nesta versión, a autora quixo ir un pouco máis alá do que nos contan os contos de fadas, bruxas, torres,…. Preséntannos a unha nai preocupada “que ten medo a que a súa filla creza e polo tanto, a que poida sufrir. E a dunha rapariga con ganas de decidir por si mesma, de abandonar a seguridade que a súa nai lle ofrece e de atopar a súa propia voz”.
 

Categorías: Kontacontos, Recomendacións lectoras | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Sabela recomenda…

9788498712223A nosa compañeira Sabela, de 4º curso, recomendounos esta semana un libro da editorial OQO titulado A VODA DO GALO PINTO.

Narra os días anteriores á voda entre o galo Pinto e Xiana e como ela descobre grazas a unha boa amiga, que non ten boa sona, as verdadeiras intencións de Pinto.
Afortunadamente Xiana coñece o egoismo de Pinto cando aínda é tempo.

O autor do novo álbum da Colección O de OQO editora é Juan Alfonso Belmontes, quen a partir dos encontros e desencontros dos tres personaxes principais (o Galo Pinto, Xiana e a raposa da matogueira) vai tecendo unha singular historia de amor na que tampouco faltan os celos, as penas, os enganos ou a cobiza… Con estes ingredientes a emoción está garantida, e entre enredo e enredo o autor convídanos a que reflexionemos con el sobre os sentimentos.

Categorías: Kontacontos | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Inés recomenda…

XG00156001

 

Inés, de 3º, recomendanos un libro de poemas titulado “O meu gato é un poeta” no que o seu autor, Fran Alonso, pretende introducir aos nenos no mundo da poesía dun xeito lúdico e divertido.

Deixámosvos unha ficha de lectura elaborada polo CPI O Rosal

inés from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: Kontacontos | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Lecturas para San Valentín

imagenProducto.php

 

Precioso e tenro libro publicado por Kókinos en galego, Adiviña canto te quero está escrito por Sam McBratney e ilustrado por Anita Jeram.Nel, dúas lebres intentan medir o seu amor pero acabarán descubrindo que é algo imposible de cuantificar.
Imprescindible  para lerllo aos máis pequenos antes de ir durmir a través do cal comprenderán a immensidade deste sentimento á vez que aprenderán a expresar o tamaño do amor que sinten pola xente que os rodea.

 

 

 

A última novidade de Edelvives en álbums ilustrados  de Davide Cali con ilustracións de Anna Laura Cantone, O que é  o amor?. Neste caso a nena amorpregunta a toda a familia: nai, pai, avó, avoa, e obterá unha resposta diferente segundo os gustos de cadaquén. Pero xuntándoos todos obterá unha resposta axeitada. E é que amar, finalmente, déixanos un sorriso na face.

 

 

 

 

 

images

 

Con gran sentido do humor, José  Campanari da mán da editorial OQO crea un personaxe entrañable capaz de percorrer calquera camiño, por difícil que pareza, na procura do amor verdadeiro. Pero unha lectura máis profunda de Sígueme! descubriranos tamén unha historia de amor sen prexuízos, cuns protagonistas capaces de superaren calquera tipo de diferenza ou barreira (tamaños, cores, culturas, hábitats…)

 

Categorías: Lecturas en galego, O máis xido dos arxinas, Recomendacións lectoras | Etiquetas: ,,,,,, | Deixar un comentario

Olivia recomenda

imagen

Nesta ocasión, Olivia de 6º, recoméndanos Poetízate de Fran Alonso.

A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate.

OLIVIA from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: Kontacontos | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Sofía recomenda

honorato-o-rato-namoradoCóntase a historia de Honorato, un rato namorado e poeta a quen lle gustaba pintar as palabras de cores. Lía libros de poemas na biblioteca e mesmo compoñía algúns para o seu amor, a Lúa. Enviáballos por unha pomba mensaxeira ou recitáballos dende a rúa. Pero como ela parecía ignoralo, durmindo despreocupada, instalouse nun calcetín de raias nos soportais e un día berroulle á Lúa que xa non estaba namorado dela. Pouco despois, desapareceu sen deixar rastro.

 

Non cabe dúbida de que o libro recomendado por Sofía, de terceiro, é unha lectura moi axeitada para festexar o Día de San Valentín.

 

honorato from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: Kontacontos | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Marcela recomenda

creditos Seguimos a recibir unha morea de recomendacións lectoras!!!!!!!

Neste caso, Marcela de 3º, quixo presentarnos un dos libros da nosa recomendación para o Nadal, Bicos de música, de Mamá Cabra.

Visitade o noso Kontaconto particular para coñecer esta e outros libros para pasar unha tarde de choiva entretida, divertida, misteriosa,cariñosa, solidaria, aventurera…. Vós decidides!!

Xa nos contaredes.

marcela from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: Kontacontos | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Candela recomenda…

H2Tharperphoto

 

 

Candela, da clase de, trouxonos este fermoso libro ilustrado por Eric Carle  e editado pola editorial Kalandraca titulado Queres xogar comigo?  E vos, queredes tamén xogar co pequeno ratiño protagonista desta historia?

cande from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: Kontacontos | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

A guerra dos números

Captura-de-pantalla

UN era un número moi pequeno. Sempre estaba só e sentía envexa dos demais, que tan superiores lle parecían. Un día, o Rei Menos deulle os planos para construír unha arma terrible: o Signo MENOS.

Usando a operación matemática da resta dunha forma metafórica, Juan Darién quere desmontar a idea de que todo aquelo que é diferente supón unha amenaza senon que o coñecemento dos outros enriquece e engrandece: suma, non resta.

GUERRA(1)_0

Un conto para a paz que manexa conceptos como o da escravitude, o abuso, a resolución de conflitos…, pero tamén unha ferramenta didáctica para se familiarizar con códigos e procesos matemáticos.

GUERRA(2)_0

Este conto de Kalandraca é todo un envoltorio repleto de valores universais como a liberdade, a paz, e o respecto aos demais e á diferenza.

Categorías: Recomendacións lectoras | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.