Artigos coa etiqueta: Internet

Sabes navegar en Internet?

O xeito de comunicarse e de acceder a información evolucionou moitísimo estes últimos anos grazas a Internet. Pero, estamos seguros como pais e educadores de que os nosos rapaces saben navegar en Internet?

A Internet supón unha fiestra aberta a un mundo de infinitas posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén leva consigo unha chea de riscos contra os que os nenos e nenas non están preparados.O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que os escolares, naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet.

pizap.com13918943297271

pizap.com13918937763201

Para iso, o pasado xoves, Diego Cid Merino pasou unha hora no noso centro impartindo unha amena charla onde intentou mentalizarnos da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías de maneira que poidamos gozar delas dunha forma segura, tanto na casa coma na escola.

Creo que tomamos boa nota das súas recomendacións, suxestións e consellos!!!pizap.com13918940716961

Pero isto non é unha cousa que poidan facer os rapaces por eles mesmos, senón que necesitan que tanto pais como educadores saibamos orientalos.

O Plan Navega con Rumbo conta cunha serie de guías didácticas orientadas tanto a alumnos, coma a pais e educadores, ademais dunha web específica onde podemos atopar recomendacións e consellos necesarios para navegar son seguridade no ciberespacio.

Aquí vos deixamos o enlace á web do Plan Navega con Rumbo e non esquezades que…non fagades en Internet nada do que non fariades na vida real.

Pantallazo-1

Categorías: Charlas didácticas, Novas de interese | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.