Esta mañá os alumnos de Infantil achégaronse ata Pontevedra para desfrutar de Guyi-Guyi unha peza de títeres protagonizada por uns curiosos personaxes.
Esta mañá os alumnos de Infantil achégaronse ata Pontevedra para desfrutar de Guyi-Guyi unha peza de títeres protagonizada por uns curiosos personaxes.
O xoves 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía, aprobada pola UNESCO en 1999. A idea é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética, por iso o alumnado de 6º e de Infantil quixo promover a poesía e fomentar os receitais poéticos dende a biblioteca.
Como puidéstedes ver, esta mañá saímos do colexio para visitar o Museo do Mar en Vigo e coñecer un chisquiño o mundo do mar, sobre todo a utilidade dos faros no mundo marítimo. A que non sabiades que nas entradas da ría hai faros de cores?
A pasada semana os alumnos e alumnas de Educación Infantil visitaron as instalacións de Apípolis en Xeve onde coñeceron de primeira man o mundo das abellas e a súa importancia no noso ecosistema.
Os máis cativos uníronse tamén á recopilación de contos, cantos e lendas que iniciamos este curso. Candela, de cinco anos, recolleu coa axuda da súa nai a lenda sobre unha ponte da nosa comarca, a Ponte do Crego. Aproveitando a hora da lectura, animouse a lerlla aos seus compañeiros de 4 e 3 anos, os cales disfrutaron moitísimo.
Quedábanos pendente este conto que os rapaces de 3 e 4 anos ilustraron e narraron para a presentación que fixeron do traballo para a PDI: Os oficios tradicionais. Xa solventados os problemas técnicos agardamos que disfrutedes tanto deste video coma nós!
A leiteira from María Abilleira Pomar on Vimeo.